José Benito Amado Boullosa, nado en Marín o 19 de marzo de 1822 e finado en Pontevedra o 30 de marzo de 1886,El Correo Gallego, 3-4-1886, p. 3. foi un mariño, político e escritor galego. miniatura|page=217|Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.
Traxectoria Procedente dunha familia de navieiros galegos, fixo estudos marítimos aínda que abandonou a profesión para se dedicar á política. Foi un activo xornalista, colaborou en La Distracción, e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. Foi elixido deputado por Pontevedra en 1854. En 1868 foi nomeado gobernador civil de Ourense e posteriormente de Pontevedra. Foi senador pola provincia de Pontevedra (1871-1872 e 1872-1873). Participou nos primeiros xogos florais de Galicia co poema "El canto de la negra", recollido no Álbum de la Caridad, que foi moi popular. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez. Unha súa irmá, Serafina, casou co tamén escritor Xoán Manuel Pintos.
Obras miniatura|page=4|"Saudades", publicado en O Tio Marcos d'a Portela (1876). En castelán Misterios de Pontevedra, 1845. Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional, 1859. Charino o la conquista de Sevilla. El castillo de los Chuchurraos. Los Nodales. María o la Virgen del Valle. Elvira, Alfonso y Laura.
En galego É autor de dúas composicións: "Saudades", publicado en O Tio Marcos d'a Portela (1876), e “A romería” (1882).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Xoán Manuel Pintos
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Nados en 1822 Categoría:Nados en Marín Categoría:Finados en 1886 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público