Christian Lali Kake Karembeu, nado en Lifou (Nova Caledonia) o 3 de decembro de 1970, é un exfutbolista francés de orixe kanaka. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección francesa.
Traxectoria Durante a súa carreira, Karembeu xogou no FC Nantes (1990-1995), no UC Sampdoria (1995-1997), no Real Madrid CF (1997-2000), no Middlesbrough FC (2000-2001), no Olympiakos (2001-2004), no Servette FC (2004-2005) e no SC Bastia (2005). Co equipo español gañou a Champions League no 1998 e no 2000. Foi un dos xogadores claves na consecución do título do 98.
Selección nacional Karembeu foi internacional con Francia en 53 ocasións, marcando un só gol. Formou parte da histórica selección do país galo que acadou o triplete do Mundial de 1998, a Eurocopa do 2000 e a Copa Confederacións do 2001. Tamén estivo presente na Eurocopa de 1996.
Ademais, foi nomeado como mellor xogador da OFC en 1995 e 1998. A OFC reúne ás federacións de fútbol de Oceanía.
Vida persoal O bisavó de Christian Karembeu, procedente de Nova Caledonia, foi un do cento de kanakas que foron levados a París en 1931 e expostos como "caníbales" polos franceses na Exposición colonial internacional de París. Máis tarde os "caníbales" foron intercambiados con Alemaña por algúns crocodilos.Political Football: Lilian Thuram Channel 4, consultado: 25 de decembro de 2011 Por este motivo e polo pasado colonial francés non cantou nunca no campo o himno francés, A Marsellesa.
Karembeu casou coa modelo eslovaca Adriana Sklenaříková, que coñeceu nunha viaxe de avión. A parella separouse en marzo de 2011 e divorciáronse en decembro de 2012.
Palmarés Club Nantes Ligue 1: 1994–95
Real Madrid UEFA Champions League: 1997–98, 1999–00 Copa Intercontinental: 1998
Olympiacos Super Liga de Grecia: 2001–02, 2002–03
Selección Francia Copa do Mundo: 1998 Eurocopa: 2000
Individual Futbolista do ano de Oceanía: 1995, 1998
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Nova Caledonia Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do FC Nantes Categoría:Xogadores do UC Sampdoria Categoría:Xogadores do Middlesbrough FC Categoría:Xogadores do Olympiacos FC Categoría:Xogadores do SC Bastia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Xogadores do Servette FC Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial