Kyoto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) ou tamén Quioto, é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyoto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Kyoto. Kyoto foi en tempos pasados coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").

O concello de Kyoto limita cos concellos de Nantan, Kameoka, Nagaokakyō, Mukō, Ōyamazaki, Yawata, Kumiyama, Uji (que son da prefectura de Kyoto); Takatsuki, Shimamoto (que son da prefectura de Osaca); Ōtsu e Takashima (que son da prefectura de Shiga).

Historia A nova cidade, Heiankyō ("capital de Heian") converteuse na sede da corte imperial en 794. Posteriormente, mudouse o nome da cidade para Kyoto (“cidade capital”). Kyoto continuou sendo a capital do Xapón ata 1868, cando se transferiu o goberno para Edo, cidade á que posteriormente se lle cambiou o nome por Tokyo (“Capital Leste”). Cando Edo pasou a ser coñecida por Tokyo, Kyoto foi, por un curto período, coñecida coma Saikyo (西京 Saikyō, "Capital Oeste"). A cuestión de cal é a capital en termos legais é aínda motivo de controversia.

A historia urbana de Kyoto comezou coa decisión do emperador Kammu de fundar unha nova capital, talvez por afastar a corte da influencia dos mosteiros budistas de Heijo-kyo (actual Nara), daquela capital imperial do Xapón. Elixiu unha comarca a 40 km ao noroesteMapa da rexión de Osaca-Nara-Quioto coas sucesivas capitais imperiais: Naniwa en Osaca, á esquerda; as da área de Nara á dereita; Nagaoka-kyo e Heian-kyo arriba (área de Quioto) , regada polos ríos Katsura e KamoMapa coa situación e traza das dúas capitais na área de Quioto: Nagaoka-kyo (784-794, embaixo) e Heian-kyo (dende 794) , onde non existen achados de poboamentos anteriores ao século V cando foi ocupada polo clan Hata procedente do continente. Un santuario xintoísta do 678, o Shimogamo a carón do río Kamo, era o único relevante na zona.

Primeira capital infrutuosa En 784 foi construída unha primeira cidade na beira do Katsura, a uns 6 km ao suroeste da Kyoto actual, que recibiu o nome de Nagaoka (Nagaoka-kyoReconstrución virtual de Nagaoka-kyo dende o sur (ao norte aparece a cunca onde se trazou Heian-kyo) ). Igual que nas anteriores capitais a traza foi a mesma ca da entón modélica capital imperial chinesa, Changan. Un vasto recinto rectangular reticulado, de 4 × 5 km, simétrico respecto a un eixo ou avenida central, presidido no extremo norte polo pazo imperial, de 1 × 1,6 km, coa reutilización de materiais do antigo pazo imperial de Naniwa .

Porén, tan ambicioso plan durou só unha década (as causas son aínda motivo de especulación; quizais as inundacións desastrosas fosen as máis probables). Pero en 794 foi erixida unha nova capital, practicamente co mesmo deseño, apenas uns quilómetros ao nordeste, entre o Katsura e o Kamo.

Heian-kyo Co nome de Heian-kyo ("Capital da paz e a tranquilidade") vai ser capital imperial durante máis dun milenio, mesmo dando nome a un período da historia xaponesa (período Heian, 794-1185), un dos máis brillantes no eido artístico, cultural e relixioso.

miniatura|250px|Planta xeral de Heiankyo nunha reconstrución do século XVIII. miniatura|150px|esquerda|Vista da Daidairi (N). miniatura|150px|esquerda|Vista dende Rashomon (S) miniatura|esquerda|150px|Kyoto, 1891. Novamente a malla do plan ideal de Changan, inda que sen murallas, representativo do urbanismo xeomántico chinés (segundo as pautas do feng shui), foi estendida nun rectángulo de 4,5 × 5,2 km cunha grande avenida central (Suzaku-oji, de 84 m de anchura) entre o Pazo Imperial ao norte (nunha verdadeira cidade palaciana de seu, Daidairi, de 1,4 × 1,2 km e amurallada) e a monumental porta sur (Rashomon) flanqueada polos dous únicos templos dentro da cidade. A pouca distancia había tamén dous mercados, a esquerda e dereita da avenida, cada un nunha das metades que aquela dividía denominadas Ukyo (oeste) e Sakyo (leste)Ver nota 2. De feito a Capital Dereita (Ukyo), situada nas terras máis baixas e húmidas da ribeira do Katsura, nunca foi enteiramente ocupada e rematou abandonada na segunda metade do século XRecreación de Heiankyo coa meirande parte da "Capital da Dereita" (Ukyo) xa coma terra de labor (visibles máis escuros os dous mercados en ámbolos dous lados da Suzaku-oji) .

Dende o comezo as residencias aristocráticas agrupábanse nos arredores da cidade imperial, fundamentalmente no lado leste (a Capital Esquerda, Sakyo), as clases baixas nas ribeiras do Kamo e máis aló espallábanse os templos e mosteirosVista de Heiankyo dende a ribeira oriental do río Kamo co recinto dun templo en primeiro termo . A cidade estendeuse fóra do trazado inicial sempre no bordo oriental conformando o núcleo medieval da xa coñecida coma Kyoto ("a Cidade Capital")Mapa esquemático de Quioto nos inicios da época medieval.

O período dos shogunatos Cando en 1185 o poder efectivo do xogun ("xeneral", xefe dos exércitos) foi trasladado a Kamakura, en Kyoto ficou só o poder simbólico da corte imperial, pero a súa importancia como centro cultural e relixioso continuou. Xa dende o século XI e ao longo do século XII moitos edificios da Daidairi foran abandonados sucesivamente tralos frecuentes incendios, ata que en 1227 a Cidade Imperial quedou definitivamente en ruína. Os emperadores tiñan residencias transitorias na cidade ou nos suburbios, mesmo emprestadas pola poderosa familia Fujiwara.

Tivo lugar un renacemento cando o segundo shogunato (Ashikaga, 1338-1573) se asentou en KyotoPlanta esquemática de Quioto en 1340 no comezo do shogunato Ashikaga, antes da construción do Pazo Muromachi (a rúa Muromachi no centro da trama de N a S); "The first locus of Ashikaga in Medieval Kyoto", M.Stavros, páx. 3 (5) e 16 (18), pdf 1,5Mb . O pazo do xogun foi construído no extremo norte da rúa Muromachi, nome polo que tamén se coñece este período Esquema de Kyoto antes das guerras Onin (s.XIV-XV); "The Moneylenders of late Medieval Kyoto", S.Gay . Os xoguns erixiron fermosos pavillóns e xardíns nos arredores da capital que tamén viron a emerxencia de numerosos templos e santuarios de diferentes seitas budistas e xintoístas. O desenvolvemento crecente do comercio fixo do Kyoto desta época un florecente centro económico, pero entre 1467 e 1477, no curso das guerras Onin, a cidade foi devastada.

No seguinte século e medio, os restos da vila agrupábanse en dous barrios: ao norte Kamigyo, arredor do pazo imperial e o do xogun, e ao sur Shimogyo, asento dos comerciantes, unicamente unidos pola rúa MuromachiMapa de Kyoto despois das Guerras Onin (s.XVI; reconstrución do século XVIII): Kamigyo (N) e Shimogyo (S) como dous núcleos independentes Mapa esquemático da cidade dividida (Quioto tralas guerras Onin), páx. 45, A.Tsukamoto, pdf 1,5Mb: nótense os dous cadrados enmarcando as áreas urbanizadas, Kamigyo ao norte e Shimogyo ao sur coa rúa Muromachi coma ligazón; Rakuchu era a denominación do Quioto medieval .

A reconstrución de Kyoto miniatura|200px|Mapa de Kyoto, 1696; o Castelo Nijo resalta na trama no centro á esquerda.

Foi Toyotomi Hideyoshi, a finais do século XVI e despois do fin do shogunato Ashikaga, quen reconstruíu a cidade urbanizando o baleiro entre as dúas partes illadas co que duplicou as rúas de norte a sur dividindo os antigos bloques cadrados en rectángulos. A área do novo Pazo Imperial comezou a tomar a súa forma definitiva nesta época Planta coa reurbanización de Toyotomi Hideyoshi, creando parcelas rectangulares das primitivas cadradas e duplicando así as rúas de norte a sur (ao nordeste aparece a área do novo Pazo Imperial ). Tamén, e por primeira vez, Kyoto foi arrodeado cun terraplén defensivo chamado Odoi.

O inicio do shogunato Tokugawa a comezos do século XVII supuxo novamente o traslado da sede do xogun, esta vez a Edo (Tokyo). Así a todo Tokugawa Ieyasu quixo reafirmar o seu poder na capital imperial coa erección do Castelo NijoVista moderna dende o sueste do Castelo Nijo (ao fondo estaría a área da antiga Daidairi de Heiankyo): o antigo castelo ardeu no grande incendio de 1788; hoxe é parque público no centro da cidade (ángulo sueste da antiga cidade imperial Heian). Aínda así Kyoto mantivo o seu ascendente relixioso e cultural e mesmo desenvolveu unha industria téxtil de renome mundial, no distrito Nishijin, en Kamigyo a finais do XVII. A poboación acadou os 400.000 habitantes.

Porén, no seguinte século e medio unha sucesión de desastrosos incendios detiveron o crecemento e o último deles, en 1864, coincidiu coa Restauración Meiji (1868) que supuxo o traslado da corte imperial a Tokyo. Kyoto tardou en recuperarse destes contratempos. A cidade entrou na modernidade practicamente coa planta da cidade do XVIIMapa de Quioto, 1831 (N á dereita): a cidade aínda encintada polo Odoi, o terraplén defensivo do século XVII .

Modernización O ferrocarril chegou en 1889 conectando Kyoto con Osaca e TokyoPanorama de Kyoto a finais do século XIX estendida en ámbalas dúas beiras do Kamo e o ferrocarril arribando polo sur e a Canle-Acueduto do Lago Biwa en 1890Mapa de Quioto, 1903Map de Kyoto do cambio de século sobre da malla de Heiankyo. Lentamente a reindustrialización do distrito téxtil Nishijin trouxo a da urbe en xeral e para 1932 Kyoto acadou o millón de habitantes. Respectada polos bombardeos da segunda guerra mundialMapa de Kyoto en 1945 continuou o seu fortalecemento industrial e modernizador xunto co do conxunto do Xapón nas décadas sesenta e setenta. Declarado Patrimonio da Humanidade o legado histórico de templos e santuarios budistas e xintoístas que rodean a urbe, Kyoto afronta con optimismo o seu futuro.

Xeografía Kyoto localízase na parte medio-occidental da illa de Honshu. Por mor das montañas que a cercan por todos os lados, Kyoto é famosa polas súas calorosas noites de verán.

A cidade está disposta nun patrón similar a unha grella de acordo coa tradición chinesa. Hoxe en día, a principal zona de negocios localízase nas partes centro e sur da cidade, cunha zona norte, menos habitada, que mantén un aspecto moito máis verdeante.

miniatura|dereita|220 px|División administrativa do concello de Kyoto

Divisións Kyoto divídese en once zonas (ku): Fushimi-ku (伏見区, ふしみく) Higashiyama-ku (東山区, ひがしやまく) Kamigyō-ku (上京区, かみぎょうく) Kita-ku (北区, きたく) Minami-ku (南区, みなみく) Nakagyō-ku (中京区, なかぎょうく) Nishikyō-ku (西京区, にしきょうく) Sakyō-ku (左京区, さきょうく) Shimogyō-ku (下京区, しもぎょうく) Ukyō-ku (右京区, うきょうく) Yamashina-ku (山科区, やましなく)

Demografía Consonte cos datos de 2008, a cidade tiña unha poboación estimada de 1.464.990 habitantes e unha densidade de poboación de 2403,68 persoas por quilómetro cadrado, nunha área total de 827,90 quilómetros cadrados.

Cultura Kyoto é coñecida pola súa deliciosa cociña local. Ao contrario da rexión volcánica de Kanto, o rico solo de Kyoto permite o cultivo dunha variedade de vexetais e os varios cursos de auga existentes proporcionan boas condicións para a pesca. miniatura|O Pavillón Dourado

Kyoto é considerado o centro cultural do Xapón. Durante a segunda guerra mundial, cando os bombardeos varrían o país, Kyoto e os seus 1.600 templos budistas, 400 lugares de culto xinto, os seus palacios, xardíns e edificios foron salvados, ficando Kyoto como unha das cidades máis ben preservadas de todo o Xapón. Na rexión de Kyoto encóntranse algúns dos máis famosos templos do Xapón, incluíndo: Kiyomizu-dera, un magnífico templo de madeira erixido nun corgueiro; Kinkaku-ji, o Pavillón Dourado; Ginkaku-ji, o Pavillón Prateado; Heian Jingu, un templo xinto en louvanza da familia imperial (construído en 1895); Ryoan-ji, famoso polo seu xardín; O templo Shunkoin; miniatura|esquerda|O Pavillón Dourado Outros lugares de relevancia dentro e arredor de Kyoto son o monte Arashiyama e o seu lago pintoresco, a zona de Gion, un antigo barrio de gueixas, e os canais que atravesan algunhas das súas rúas máis antigas.