Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, nado na Coruña o 20 de marzo de 1952, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

Traxectoria Graduado Social, doutorouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 2020 coa tese Dereitos políticos dos emigrantes galegos. A Galeguidade e o voto emigrante, dirixida por Luis Míguez Macho. Iniciou a súa actividade política en Santiago de Compostela coincidindo coa reforma asistencial e laboral no Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, nas loitas deste centro entre 1973 e 1978. Exerceu como profesor de Formación Profesional en Prácticas Sanitarias e foi ATS no centro de saúde do Irixo. Foi tenente-alcalde do Carballiño. Foi membro do Consello Nacional do BNG e responsable da Comisión de Sanidade e Emigración. Foi elixido deputado por Ourense nas eleccións autonómicas de 1997 e 2001. Foi Delegado Provincial de Vicepresidencia en Ourense.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1952 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros do Carballiño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes