Turbonegro é unha banda norueguesa de punk rock procedente de Oslo. Inicialmente estivo activa dende 1989 ata 1998, e posteriormente reformouse no ano 2002. O seu estilo combina glam rock, punk rock e hard rock nun son que o grupo describe como "deathpunk".

Entre as principais influencias de Turbonegro están Black Flag, Rolling Stones, Kiss, Venom, Radio Birdman, AC/DC, Iggy Pop & James Williamson, Circle Jerks, Ramones, Alice Cooper, Negazione, The Dictators e The Stooges, ademais de artistas de rock noruegués como DumDum Boys, Raga Rockers e Jokke & Valentinerne.

Discografía Hot Cars and Spent Contraceptives - 1992 Helta Skelta - 1993 Never is Forever - 1994 Ass Cobra - 1996 Apocalypse Dudes - 1998 Scandinavian Leather - 2003 Party Animals - 2005 Retox - 2007 ''Sexual Harassment - 2012

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Noruega Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de death punk Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 1989