miniatura|100px|Insignia estatal. A bandeira de Queensland é un dos símbolos oficiais do Estado de Queensland, unha subdivisión de Australia. A orixe da bandeira remóntase a 1870, con pequenas variacións. O emblema foi deseñado por William Hemmant, o Secretario Colonial e Tesoureiro de Queensland, o 29 de setembro de 1876.

O seu deseño consiste nun rectángulo cunha proporción de 1:2. A bandeira está baseada no Pavillón Británico Azul co símbolo do estado no campo azul. O emblema é un disco branco cunha Cruz de Malta, ou Cruz de San Xoán na cor azul celeste. No centro da cruz atópase unha coroa imperial británica.

Historia A bandeira do Estado foi creada en 1870, baseada no Pavillón Británico Azul, mais non tiña presente un emblema. No seu lugar había un perfil da Raíña Vitoria nun disco azul rodeado por un anel branco sobre o que estaba a verba “Queensland” escrita en ouro.

A seguinte alteración ocorreu en 1876, pois como había moitas reclamacións de que o reprodución da efixie da Raíña Vitoria era moi difícil, foi proposta unha substitución. Moitas reclamacións foron feitas por funcionarios do Estado, como o exemplo abaixo citado, misiva dos Arquivos do estado de Queensland.Queensland State Archives (1876) 'Flag, Badge, Arms and Seal of Queensland', SRS 1043-2-265-84

A Cruz de Malta cunha Coroa Imperial no seu centro foron entón escollidas para substituír a efixie da Raíña.

A última alteración oficial ocorreu en 1901, coa morte da raíña Vitoria. A mudanza foi en relación á coroa sobre a Cruz; como Vitoria e Eduardo VII escolleron diferentes coroas, as coroas dos emblemas tamén tiveron que ser modificadas.

Simbolismo O Pavillón Británico é usado na bandeira de varios países da Commonwealth, inclusive a da propia Bandeira de Australia, como símbolo dos lazos co Reino Unido; A Cruz de Malta é unha referencia a unha condecoración militar de valor.

Notas

Queensland