A batalla de Fornelos foi unha batalla librada o 29 de marzo de 968,Ferreiro, Francisco. Historia compostelana, tomo IV, p. 9 probablemente preto do río Louro, entre os viquingos noruegueses de Gunrod (ou Gunderedo), que proviñan das súas bases no Loira,Forte, Oram, and Pedersen (2005), p. 60 e as tropas reunidas polo bispo de Iria Flavia, Sisnando Méndez.
A batalla Os viquingos asaltaban as costas galegas dende había décadas, pois xa realizaran campañas no 844 e no 859Scheen (1996), p. 69 e 71 e, de novo, na terceira vaga de invasións no 968 desembarcaron nas Rías Baixas, segundo o Cronicón Iriense, con 100 drakkars para saquear Galicia na súa totalidade, liderados polo caudillo noruegués Gunrod.Scheen (1999), p. 72 Entraron até o fondo da ría de Arousa e desembarcaron na Bacariza e dende alí marcharon cara Iria Flavia.Almazán (1986), p. 100
O bispo de Iria Flavia, Sisnando II, organizou un exército para enfrontalos preto do Louro, en Fornelos, onde logrou cercalos, pero non puido facer nada fronte aos invasores unha vez iniciado o enfrontamento. O bispo morreu dun frechazo e os viquingos seguiron coas súas incursións até o ano 970.
Consecuencias Os viquingos pretendían establecer un reino coma o de Normandía e fóronse esparexendo por toda Galicia, permanecendo durante un anoMorales (1997) até que foron derrotados por Rosendo de Celanova e expulsados definitivamente de Galicia, contra o 970, por Sancho III cando ía en peregrinación a Santiago de Compostela.
Localización O lugar no que ocorreu a batalla non está claro. Enrique Chao Espina situouna nas proximidades do río Louro, algunhas fontes sitúana no lugar de Fornelos, na parroquia de Rarís, en Teo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Historia de aquel reino a estas flojedades Historia de Cespón (Boiro)
Categoría:Historia militar en Galicia en 968 Categoría:Era viquinga no Reino de Galicia Categoría:968 Fornelos Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:Batallas dos viquingos