miniatura|Xesús Veiga (dereita) con Camilo Nogueira (esquerda) e Carlos Aymerich (centro), na Asemblea nacional e congreso constituínte de Máis Galiza no 2012. Xesús Manuel Veiga Buxán, nado en Tuiriz (Pantón) o 7 de xullo de 1951, é un economista e político galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao. É profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Foi dirixente do Movemento Comunista de Galicia (1973-1992) ata a súa integración en Inzar. Foi deputado polo BNG no Parlamento de Galicia (1993-2005) e portavoz do BNG na Comisión de Economía. Entre 2012 e 2014 foi presidente da Fundación Galiza Sempre.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Artigos de Xesús Veiga en contraposicion.blogspot Xesús Veiga Buxán: "Poñemos a liquidación a unha siglas, pero non nos desprendemos das nosas ideas"
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Pantón Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia