A bandeira de Martinica consta dun triángulo vermello no polipasto, con dúas bandas horizontais, a superior verde e a inferior negra. Foi adoptada o 2 de febreiro de 2023. A bandeira de Francia, o seu país matriz, tamén ondea con carácter oficial debido ao status de Martinica como departamento/rexión de ultramar francés. A asemblea de Martinica ondea unha bandeira co logotipo da colectividade para representar o goberno.

En 2018, a asemblea celebrou un concurso para crear unha bandeira e un himno para a illa, pero 2 anos e medio despois da presentación dos gañadores, a bandeira e o himno foron anulados polo tribunal administrativo local, xa que o método da súa selección non se considerou dentro das responsabilidades do concello. Entón, en 2022, a illa comezou unha nova votación pública sobre unha bandeira e un himno oficiais. Os gañadores anunciáronse o 16 de xaneiro de 2023, mais o deseño da bandeira seleccionada retirouse da consideración a petición do deseñador tras acusacións de plaxio. Pola contra, decidiuse que o deseño do segundo lugar, unha bandeira usada polos nacionalistas, sería considerado para a súa adopción o 2 de febreiro de 2023. Foi aprobado pola asemblea con 44 votos a prol e unha abstención.

Bandeira da serpe miniatura|dereita|Deseño da serpe, do século XVIII. A bandeira da serpe foi creada o 4 de agosto de 1766 e deixou de usarse en 1790 a raíz da Revolución francesa. Case douscentos anos despois recuperouse para uso non oficial, xa que o símbolo oficial da illa, un departamento de ultramar francés era até 2023 a bandeira tricolor francesa.

A bandeira da serpe deriva da antiga bandeira usada pola mariña mercante francesa durante o século XVIII ata a adopción da bandeira tricolor. É un pano de cor azul cuarteado por unha cruz branca. En cada cuadrante aparece representada unha serpe branca con forma de L invertida (máis visible no deseño do século XVIII que no actual). As serpes teñen forma de L porque Martinica dependía de Santa Lucía antes de que esta última se convertese nunha colonia do Reino Unido.

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bandeira de Martinica en Flags of the World

Categoría:Martinica Categoría:Bandeiras de Francia Categoría:Bandeiras introducidas en 2023