O Club Deportivo Grove, coñecido ata 2024 como Unión Sociedad Deportiva O Grove, é un club de fútbol galego. Compite na Preferente Autonómica de Galicia e o seu terreo de xogo é o Campo Municipal Monte da Vila.

Historia En 2005 fundouse a Unión Sociedad Deportiva O Grove pola fusión dos dous clubs do concello, o SD Anduriña (1919-95) e o CD Grove (1960-05). Comezou xogando na Rexional Preferente. Acadou dúas ligas de Primeira Autonómica e a Copa Deputación de Pontevedra. O 3 de xullo de 2024, durante a asemblea xeral extraordinaria o club mudou o seu nome polo de Club Deportivo Grove, recuperando así a súa antiga denominación co apoio da maioría das persoas socias do club que asistiron á asemblea.

Tempada a tempada TempadaCategoríaPosto2005/06Preferente9º2006/07Preferente11º2007/08Preferente 8º2008/09Preferente172009/101ª Autonómica19º2010/112ª Autonómica2º2011/121ª AutonómicaTempadaCategoríaPosto2012/13Preferente14º2013/14Preferente2014/151ª Autonómica2015/16Preferente11º2016/17Preferente13º2017/18Preferente8º2018/19Preferente—

Palmarés 2 Ligas Primeira División Autonómica (2011/12 e 2014/15) 1 Copa Deputación Pontevedra (2011/12)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do club en siguetuliga.es

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte no Grove