O distrito de Jinja é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Jinja.
Limita co distrito de Kamuli polo norte, co distrito de Luuka polo leste, co distrito de Mayuge polo sueste, co distrito de Buvuma polo sur, co distrito de Buikwe polo oeste e co distrito de Kayunga polo noroeste. A capitalidade atópase en Buwenge, que se atopa a 96 km por estrada ao leste de Kampala, a capital e maior cidade de Uganda.Road Distance between Kampala and Buwenge with Map
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de aproximadamente 387.600 habitantes.
Jinja pertence á subrexión de Busoga, que é lar duns dous millóns e medio de persoas, segundo datos do censo do ano 2002. A maioría da poboación do Distrito Jinja pertence ao grupo étnico basoga, sendo o lusoga a lingua máis falada.
Economicamente, a actividade principal é a agricultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Portal do distrito de Jinja
Jinja