Camiño é un libro escrito por san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. Foi publicado por primeira vez en Cuenca no 1934, baixo o título de Consideraciones Espirituales.
Na seguinte edición, publicada en Valencia en 1939, o libro foi ampliado e recibiu o título de Camiño. Leva vendidas preto de 5 000 000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.
Temática Camiño consta de 999 puntos para a meditación persoal que abordan diferentes aspectos da vida cristiá: oración, traballo, virtudes, apostolado etc. Os textos, froito da propia oración do seu autor e da súa experiencia sacerdotal, están redactados nun ton coloquial e directo, con frases curtas e incisivas. É a obra máis popular de San Xosemaría Escrivá.
miniatura|125px|Camiño A principal fonte literaria de Camiño son os Evanxeos.
Ademais, o autor emprega textos dos Pais Antigos, os clásicos da espiritualidade (Santa Tareixa de Xesús, San Xoán da Cruz, Santa Catarina de Siena ou Santa Tareixa de Lisieux), e tamén dos grandes autores da literatura castelá, entre outros Miguel de Cervantes e Calderón de la Barca.
En galego A versión galega do libro apareceu en 1968.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Escrivá de Balaguer, J., Camino.
(edición bilingüe e anotada)
Ligazóns externas Obras de San Josemaría Escrivá Camino, de Josemaría Escrivá
Categoría:Obras literarias de 1934 Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Opus Dei Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego