Argyre Planitia é unha planicie do hemisferio sur marciano, que se orixinou a través dun grande impacto dun meteorito. O seu nome provén dun vello accidente xeolóxico que aparecía no mapa de Giovanni Schiaparelli do ano 1877; que facía referencia a Argyre, a illa mítica de prata da mitoloxía grega.

Argyre descansa centrada nas coordenadas 49,84° S 316,69° E, entre as terras altas de Aonia Terra e Noachis Terra, ten segundo o USGS 892,93 km de diámetro medio, que corresponderían a planicie en si, pero outros estudos inclúen tódolos aneis concéntricos que se supón que foron froito do impacto orixinal, e estes terían un tamaño de 650 - 780 - 870 - 1.050 - 1.290 - 1.470 - 1.700 km; se nos decantamos pola planicie en si sería a terceira cunha de impacto por tamaño do planeta, pero se temos en conta os seus aneis pasaría a se-la segunda cunca de impacto por tamaño, todo isto mentres que non se certifique que tanto a Cunca do Polo Norte, coma Utopia Planitia se xeraron a partir dun impacto. Ten unha profundidade media duns 3 km, o seu punto máis baixo está dentro do pequeno cráter Hooke, a −5.121 m, mentres que o seu punto máis alto está a 5.393 m. nunha das crista do bordo do cráter orixinal , en concreto nos Charitum Montes, o suroeste do cráter Galle.

Esta cunca posiblemente se orixinou a través dun grande impacto durante o período coñecido como Bombardeo Intenso Tardío, nos primeiros tempos do Sistema Solar, hai aproximadamente 3.900 millóns de anos, é posiblemente sexa a cunca de impacto antiga mellor conservada. Argyre está rodeada de grandes e empinados macizos, cristas e aneis circulares que forman patróns concéntricos, inclúen tamén os grandes macizos dos Charitum Montes e Nereidum Montes.

Existen catros grandes canles formadas durante a Época Noéica, tres destas canles (Surius Valles, Dzígai Valles, e Palacopas Valles) corren cara ó interior de Argyre, procedentes das cristas e macizos do sur e leste. A cuarta canle, Uzboi Vallis, semella que vai dirección norte, cara a rexión de Chryse Planitia e este val podería terse orixinado coma consecuencia dun posible drenado de Argyre Planitia. Nia Valles, unha canle moito máis pequena e recente, podería terse formado a principios da Época Amazónica, despois de que o principais episodios fluviais e lacustres tiveran rematado.http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-data_query?bibcode=2000LPI....31.2033P&link_type=ARTICLE&db_key=AST&high= Parker et al.: Argyre Planitia and the Mars Global Hydrologic Cycle

O leito orixinal da cunha está parcialmente aplanado e desinflado grazas ás capas de material que se puideron formar por sedimentación lacustre. Non se aprecian aneis centrais interiores, aínda que os macizos illados do interior da planitia poden se-los restos dos picos centrais do cráter orixinal.http://www.planetary.brown.edu/pdfs/2563.pdf Hiesinger & Head: Topography and morphology of the Argyre Basin, Mars

miniatura|A parte sur da crista do bordo cráter orixinal de Argyre Planitia, formado polos Charitum Montes. Nas proximidades pódense ver uns cabalóns sinuosos, o cales poderían ser eskers de glaciares. O cráter Galle vese ó fondo. O cráter Galle, que está localizado no bordo oriental de Argyre, a 51°S 31°W, é moi peculiar por que se asemella moito a un risoño ("cara feliz").

Galería de Argyre Planitia

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Hellas Planitia Aonia Terra Noachis Terra

Ligazóns externas

Argyre Planitia map at Google Mars Mapa coas fronteiras das rexións de Marte Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte Mapa detallado do cuadrante MC-26 Argyre Páxina coas ligazóns ós mapas dos cuadrantes de Marte

Categoría:Planicies e chairas de Marte