O aklanon (akaenon) é unha lingua malaio-polinesia da familia visaya occidental que se fala en Filipinas.
Distribución xeográfica Fálase na provincia de Aklan, no norte de Panay. Segundo datos de 2010 tiña uns 560 000 falantes.
Escrita O aklanon comezou a escribirse por volta de 1990, traducíronse partes da Biblia e Leoncio P. Deriada deu inicio á poesía en aklanon por medio de obradoiros literarios. Outros poetas destacados son Manuel Laserna e G. H. M. A. Tagipusuon
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O aklanon no Ethnologue
Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Filipinas