miniatura|dereita|300px|Grupo de Wurundjeri asinando o Tratado de Batman, 1835. Tratado de Batman foi un documento firmado o 6 de xuño de 1835 por John Batman, un gandeiro, empresario e explorador de Australia, e un grupo de anciáns Wurundjeri para a compra de terras nos arredores de Port Phillip, preto da actual cidade de Melbourne.
O documento deuse a coñecer co nome de Tratado de Batman e consíderase significativo xa que representa o primeiro e único acto de negociación das terras entre os colonos europeos e os aborixes australianos, que eran os propietarios orixinais das mesmas.Richard Broome, pp10-14, Aboriginal Victorians: A History Since 1800, Allen & Unwin, 2005, ISBN 1741145694, ISBN 9781741145694 O tratado foi declarado nulo o 26 de agosto de 1835 polo gobernador de Nova Gales do Sur, Richard Bourke, sobre a base de que o pobo Wurundjeri non ten dereito a comerciar coa terra, que foi reclamada como pertencente á Coroa británica.National Archives of Australia, Governor Bourke's Proclamation 1835 (UK) Consultado o 3 de novembro de 2008
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aborixes australianos
Ligazóns externas Imaxes e transcrición do tratado de Batman Museo Nacional de Australia Transcrición no Museo Nacional de Australia Descrición no Museo Nacional de Australia
Categoría:Australia Categoría:1835