Gazeta Marcial y Política de Santiago foi unha publicación periódica editada en Santiago de Compostela durante os anos 1812 e 1813. Publicada baixo a responsabilidade do impresor Manuel Antonio Rey e do seu director Juan Bautista Caamiña. Xorde en febreiro de 1812 e perdura ata 1813.
Uso do galego No seu segundo número, do 5 de febreiro de 1812, documéntase por vez primeira vez o uso da lingua galega nunha publicación periódica. O artigo "Carta recomendada" vén asinado por Ramón González Senra, posiblemente un pseudónimo. Trátase dun artigo de propaganda política a prol do liberalismo en que se gaban as vantaxes de certas reformas liberais e da mesma maneira se defende a idea da soberanía popular en contraposición ao poder absoluto do monarca. O comezo da prensa en Galiza data de 1800 co breve El Catón Compostelano e xa logo da francesada e a liberdade de imprenta promulgada na Constitución de Cádiz xurdiran diversas publicacións máis ou menos efémeras de cara, como o Diario de la Coruña e o Diario de Santiago en 1808.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Gazeta Marcial y Política de Santiago no sitio web da RAG
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela
Categoría:1812 en Galicia