Efrén Rodríguez Gallego, nado o 12 de agosto de 1988 en Pontedeume, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e militou en varios equipos de Segunda B e Terceira División.

É irmán da cantante Miriam Rodríguez.

Traxectoria Formouse na canteira do Deportivo da Coruña e sendo aínda xuvenil disputou co Fabril en Riazor o Trofeo Juan Acuña 2005, onde lle marcou un gol ao gardameta do Deportivo, Gustavo Munúa. A súa boa actuación propiciou que realizase algúns adestramentos co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Joaquín Caparrós. Formou parte tamén da selección galega sub-18 que participou no Campionato de España de seleccións autonómicas de 2006.

Despois de estar durante meses de baixa por unha fractura de tibia e peroné, na tempada 2007/08 o Deportivo cedeuno ao Cidade de Santiago, da Terceira División, co que logrou o ascenso á Segunda B. Na seguinte tempada fichou polo Narón, tamén de Terceira, e na 2009/10 recalou no Montañeros, que iniciaba a súa primeira tempada na Segunda B.

Despois de non contar apenas con minutos no equipo coruñés, na tempada 2010/11 fichou polo Bergantiños, de Terceira. Militou dúas campañas no club carballés, adestrado na primeira por Manuel Varela Bardanca e na segunda por Chus Baleato. En xuño de 2012 asinou co Dorneda, tamén en Terceira, e ao ano seguinte pasou ao Racing Club Vilalbés, onde militou unha tempada antes de colgar as botas.

Entre 2014 e 2015 foi prerarador físico e segundo adestrador de Félix García no Baio, pasando logo ao Laracha. Posteriormente comezou a traballar como adestrador persoal e como coordinador da área de saúde e exercicio do Club do Mar de San Amaro, na Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com . Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1988 Categoría:Futbolistas de Pontedeume Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores da SD Ciudad de Santiago Categoría:Xogadores do Narón Balompé Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do CD Dorneda Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Adestradores de Galicia