Luís Blanco Rivero-de Aguilar, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1942, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Ramón Blanco Castro (xefe de negociado de primeira clase da Facenda Pública) e Josefa Rivero-de Aguilar Rodríguez, e irmán de Purificación (casada con Lino Torre Sánchez-Somoza) e Ramón (banqueiro na Arxentina). Estudou Medicina en Santiago, e doutorouse na Universidade Central de Madrid en 1894 coa tese Los diferentes tratamientos de la pneumonía fibrinosa y el método de Z. Petresco, publicada en Santiago de Compostela en 1895.
Foi catedrático de Anatomía Topográfica e Operacións e de Patoloxía Cirúrxica da Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1914-1917), reitor da súa Universidade (1921-1929) e presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1933-1940). Ten publicacións sobre os tratamentos da pneumonía fibrinosa, a diagnose de invaxinacións crónicas intestinais, as luxacións de cóbado e aptose hepática.
Vida persoal Casou en 1906 con Engracia Guitián García-Barros, filla de Claudio Guitián FariñaGeneall, coa que tivo tres fillas: María Purificación (casada con José Goyanes Varela), Engracia (casada con Juan Villar Alonso) e María Consuelo (casada con Salvador Parga Pondal).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1942