Manuel Magariños Castaños, nado en Valga o 18 de novembro de 1871 e finado en Montevideo o 16 de xullo de 1941, foi un xornalista galego.
Traxectoria Emigrou de mozo ao Uruguai onde traballou como dependente de comercio, empregado de rematador e máis tarde rematador por conta propia. Marchou ao Brasil onde traballou no diario A Actualidade e en La España. Despois afincouse no Uruguai e fundou en 1906 o periódico El Diario Español, co obxectivo de manter informada á colonia española e en especial á galega da actualidade de España e Galicia.
A Administración Nacional de Correos do Uruguai dedicoulle un selo en 2006, con motivo do centenario de El Diario Español"Administración Nacional de Correos de Uruguay" Páxina dedicada á emisión do selo conmemorativo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
"El periódico más antiguo de Montevideo nació en Cesures". La Voz de Galicia, 9/10/2004.
Categoría:Xornalistas de Valga Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1941