miniatura|Maiorga Ramírez nun mitin de Bildu o 11 de abril de 2011. Maiorga Ramírez Erro, nado en 1976 en Tafalla, é un político navarro. Licenciado en filosofía e ética pola Universidade do País Vasco e doutorado pola UNED. A súa traxectoria política comeza en 1995 cando se afilia a Eusko Alkartasuna (EA) e Gazte Abertzaleak, as xuventudes do partido. Dende 2004 preside o partido en Navarra. Tralas eleccións municipais do 2003 foi elixido concelleiro por Eusko Alkartasuna na súa vila natal, Tafalla. Na actualidade tamén é deputado no Parlamento de Navarra de Euskal Herria Bildu.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web persoal Web de EA
Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Nados en 1976 Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos de Nafarroa Bai Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Nados en Tafalla