EVA é un filme hispano-francés dirixido por Kike Maíllo que se estreou no 2011.
Sinopse Ano 2041. Un futuro non moi afastado no que os seres humanos viven acompañados de criaturas mecánicas. Álex, un reputado enxeñeiro cibernético, regresa a Santa Irene, despois de dez anos de ausencia, para realizar un encargo da Facultat de Ciències Robotiques: a creación dun neno robot. Durante ese tempo, o seu irmán David, e Lana, a antiga moza de Álex, casaron. Inesperadamente, a rutineira vida de Álex verase alterada por Eva, a filla de Lana e David, unha nena extraordinaria, magnética, que dende o primeiro momento establece unha relación de complicidade con Álex.
Personaxes Daniel Brühl como Álex Garel Marta Etura como Lana Levi Lluís Homar como Max Alberto Ammann como David Garel Claudia Vega como Eva Anne Canovas como Julia
Galardóns e nomeamentos 2011: 3 Premios Goya: Mellor director novel, actor secundario (Homar) e efectos especiais. 12 nomeamentos. 2011: Festival de Sitges: Mellores efectos especiais. 2011: 5 Premios Gaudí, incluíndo mellor filme en lingua catalá e actor secundario (Homar).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Kike Maíllo Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes rodados en Suíza