miniatura|230px|Facultade de Dereito (ICADE).
miniatura|160px|Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE).
O Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas (ICADE= foi unha institución desaparecida en 1978 ao integrarse na Universidade Pontificia Comillas dando lugar a dúas facultades de dita universidade, a Facultade de DereitoFacultad de Derecho-ICADE e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais,Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales-ICADE facultades ambas que foran fundadas en 1956.
Na actualidade, segundo o Manual de Identidade Corporativa, só se pode engadir o acrónimo entre parénteses a continuación do nome oficial de cada unha destas dúas facultades, en recordo ao nome da desaparecida institución.
Historia O ICADE ten a súa orixe en 1956, época na que desenvolve as súas actividades no marco do Colegio Universitario del Buen Consejo, un Seminario Técnico de Dirección de Empresas que, nun principio, limitábase á formación de posgraduados que desexaban acceder a postos directivos das empresas.
En 1960 únese ao ICAI para formaren ICADE-ICAI. Este mesmo ano inaugura o seu programa estrella E-3, exixente programa de estudos que combina as dúas licenciaturas, Ciencias Económicas e Empresariales e Dereito, converténdose así na primeira institución académica de España en ofrecer un programa conxunto deste tipo.
En 1978 ICADE-ICAI intégrase na Universidade Pontificia de Comillas. A marca ICADE anéxase a dúas facultades da universidade.
Facultade de Dereito Na actualidade (2012) o seu Decano é Íñigo Navarro Mendizábal.
Departamentos Departamento de Dereito Privado Departamento de Dereito Económico e Social Departamento de Dereito Público Departamento de Disciplinas Comúns
Cátedras Cátedra Jean Monet Comisión Europea Cátedra Santander de Dereito e Menores
Titulacións Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior: Titulación Abbr. Estudantes (2011-12) Grao en Dereito E-1 235 Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas E-3 354 Grao en Dereito s Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública E-5 89 Máster Universitario en Dereito da Empresa 21 Máster Universitario en Investigación en Ciencias Xurídicas 9 Máster Universitario en Propiedade Intelectual 15 Máster Universitario en Tributación e en Fiscalidade Internacional 7 Máster Universitario en Asuntos Internacionais: Economía, Política e Dereito 21
Plans de Estudo en extinción: Licenciaturas Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración Licenciatura en Dereito e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-3) Licenciatura en Dereito e Diploma en Estudos Empresariais (E-1) Licenciatura en Dereoto e Diploma en Relacións Internacionais (E-1)
Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) O Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) é un centro pertencente á Facultade de Dereito (ICADE) que se encarga da promoción, coordinación e execución de actividades universitarias dirixidas a fomentar a innovación, a facilitar a formación permanente e a fortalecer a relación da Facultade de Dereito cos colexios profesionais e outras institucións do ámbito xurídico.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Na actualidade (2012) o seu decano é Alfredo Arahuetes García.
Departamentos Departamento de Economía Departamento de Xestión Empresarial Departamento de Xestión Financeira Departamento de Mercadotecnia Departamento de Métodos Cuantitativos
Cátedras Cátedra de Ética Económica e Empresarial Cátedra ALTAE Cátedra de Internacionalización Empresarial, Diversidade e Desenvolvemento Profesional (Nova creación 2010/2011)
Titulacións Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:
Titulación Abbr. Estudantes (2011-12) Grao en Administración e Dirección de Empresas E-2 672 Grao en Ciencias Empresariais Internacionais E-4 269 Máster Universitario en Administración de Empresas (MBA) 46 Máster Universitario en Finanzas 25 Máster Universitario en Investigación en Economía e Empresa 50 Máster Universitario en Mercadotecnia 25 Máster Universitario en Recursos Humanos 23
Plans de Estudo en extinción Licenciaturas Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-2) Licenciatura en Ciencias Actuariais e Financeiras
ICADE Business School O ICADE Business School é un centro docente pertencente á la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE) que se ocupa da formación de posgrao empresarial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ICAI Universidade Pontificia de Comillas
Ligazóns externas ICADE Web do 50º aniversario do ICADE ICADE Asociación Club Empresarial ICADE Manual de Identidad Corporativa
ICADE