miniatura|Táboa de xeografía, hidrografía e navegación

A hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as masas de auga do planeta.

Razóns do estudo da hidrografía A auga é fundamental para a supervivencia do planeta, a evolución dos seres vivos sempre foi dependente da auga. Foi nela onde que xurdiron as primeiras formas de vida, e, nun proceso de evolución crecente, a partir dela orixináronse as formas terrestres, as cales soamente conseguiron sobrevivir despois de que puideron desenvolver mecanismos fisiolóxicos que lles permitiron colectar a auga do medio ambiente e retela nos seus propios organismos. A auga é o elemento mais crítico e importante para a vida humana, pois comprende do 60 ao 70% do noso peso corporal, regula a nosa temperatura interna e é esencial para todas as funcións orgánicas.

O obxecto de estudo da hidrografía son as correntes de auga da Terra, abrangue polo tanto océanos, mares, glaciares, auga do subsolo, lagos, auga da atmosfera e ríos. A maior parte da auga está concentrada en océanos e mares – 1 380 000.000 km³ –, correspondendo ó 97,3% da reserva hídrica do mundo. As augas continentais posúen un volume total de 38 000 000 km³, valor que representa o 2,7% da auga do planeta.

Hidrografía do mundo

As maiores bacías hidrográficas As maiores bacias hidrográficas do mundo son as seguintes (indícase nome, localización e área en km²): Bacía Amazónica, Brasil, 7 050 000 Bacía do Congo, Zaire, 3 690 000 Bacía do Mississippi, EUA, 3 328 000 Bacía do Rio da Prata, Brasil-Paraguai-Uruguai-Arxentina, 3 140 000 Bacía do Obi, Federación Rusa, 2 975 000 Bacía do Nilo, Exipto, 2 867 000 Bacía do Ienissei, Federación Rusa, 2 580 000 Bacía do Níxer, Nixeria, 2 092 000 Bacía de Amur, Federación Rusa, 1 855 000 Bacía do Río Amarelo, China, 1 807 199

Os maiores océanos e mares Os maiores océanos e mares do mundo son os seguintes (indícase nome, área en km² e profundidade máxima en m): Océano Atlántico, 106 100 000, 7.758 Mar Glacial Ártico, 14 090 000, 5.450 Mar Caribe (ou Mar das Caraíbas), 2 754 000, 7.680 Mar Mediterráneo, 2 505 000, 5.020 Mar de Noruega, 1 547 000, 4.020 Golfo de México, 1 544 000, 4.380 Baía de Hudson, 1 230 000, 259 Mar de Groenlandia, 1 205 000, 4.846 Mar do Norte, 580.000, 237 Mar Negro, 413.000, 2.243 Mar Báltico, 420.000, 463 Océano Pacífico, 179 700 000, 11.020 Mar da China Meridional, 3 447 000, 5.560 Mar de Okhotsk, 1 580 000, 3.372 Mar de Bering, 2 270 000, 4.191 Mar da China Oriental, 752.000 2.720 Mar Amarelo, 417.000, 105 Mar do Xapón, 978.000, 4.230 Océano Índico, 74 900 000, 7.450 Mar Arábigo, 3 683 000, 5.800 Golfo de Bengala, 2 172 000, 5.258 Mar Vermello, 440.000, 2.600

Os maiores ríos A seguir, os maiores ríos do mundo (indícase nome, localización, extensión en km e foz): Amazonas, Brasil, 6.868, océano Atlántico Nilo, Exipto, 6.671, Mar Mediterráneo Río Xi-Jiang, China, 5.800, Mar da China Río Mississippi, EUA, 5.620, Golfo do México Río Obi, Federación Rusa, 5.410, Golfo de Obi Ártico Huang Ho, China, 4.845, Mar Amarelo Río da Prata, Arxentina, 4.700, océano Atlántico Mekong, China, 4.500, Mar da China Río Amur, Federación Rusa, 4.416, Estreito da Tartaria Río Lená, Federación Rusa, 4.400, Mar de Laptev/Ártico

(Fonte: Atlante Xeográfico di Agostini)

Os maiores lagos A continuación aparecen os maiores lagos do mundo (indícase nome, localización, área en km² e profundidade máxima en m): Mar Caspio, Oeste da Asia, 371.000, 1.025 Lago Superior, EUA/Canadá, 84.131, 406 Vitoria, Uganda/Tanzania/Kenya, 68.100, 73 Huron, EUA/Canadá, 61.797, 229 Michigan, EUA, 58.016, 281 Mar de Aral, Cazaquistán/Uzbequistán, 41.000, 68 Tanganica, Congo (ex-Zaire)/Zambia/Burundi/Tanzania, 32.893, 1435 Gran Lago do Oso, Canadá, 31.792, 90 Lago Baikal, Federación Rusa, 31.500, 1.620 Lago Niassa (ou Malawi), Zimbabue/Malaui/Mozambique, 30.800, 678

Véxase tamén

Outros artigos Xeografía física

Categoría:Xeografía Categoría:Hidrografía