Clero é o nome colectivo que engloba de forma xeral aos homes que foron ordenados para o servizo relixioso, sacerdotes e diáconos. O nome individual é crego.
Na maior parte das relixións o clero actúa dentro e, en ocasións, fóra dos lugares de culto: hospitais, escolas, misións e incluso no exército (clero castrense).
Hai unha diferenza importante entre o clero e os teólogos. Os primeiros ocúpanse da práctica do culto, mentres que os teólogos son os estudosos da relixión e a teoloxía, e non son necesariamente clérigos (nin sequera necesariamente crentes).
O clero, en moitos países, está protexido por leis especiais (foro eclesiástico) e, en moitos casos, financiado (ou cofinanciado) polo Estado, aínda que os seus recursos proveñen en gran parte das doazóns dos seus fieis. A confesionalidade do Estado ou a total separación Igrexa-Estado poden ter moi distintas situacións intermedias.
A oposición terminolóxica entre os ámbitos relixioso (vida consagrada) e clerical (ordes sagradas) dáse entre dous termos que teñen unha gran parte do campo semántico en común, no uso habitual e en literatura. Aínda máis confusión ou equivocidade tería a terna crego/eclesiástico/relixioso. A distinción entre os tria genera hominu: praelati, continentes e conjugati (clero secular, clero regular —ou vida consagrada— e laicos) víñase explicitando desde a Antigüidade Tardía e os primeiros séculos medievais por autores como Santo Agostiño e San Gregorio o Grande.Serverat, Vicent (2007): "Sobre algunas tríadas sociales en la Hispania medieval: de Isidoro de Sevilla a Rodrigo Sánchez de Arévalo", in Revista de Literatura Medieval 19, p. 222. Cita como referencia a Yves Congar (1968): "Les laïcs et l'ecclésiologie des "ordines" chez les théologiens des XIe et XIIe siècles", in I laici nella "societas christiana" dei secoli XI et XII. Milan, pp. 83-117
Etimoloxía miniatura|300px|Líderes relixiosos. De esquerda a dereita: George Carey, Arcebispo de Canterbury (1991–2002); Jonathan Sacks, xefe dos Rabinos do Reino Unido; Mustafá Cerić, Gran Muftí de Bosnia e Jim Wallis, cristián evanxélico e líder político estadounidense, en 2009,É asesor relixioso do presidente Barak Obama. no Foro Eonómico Mundial en Davos, Suíza.O termo deriva de crego, do latín eclesiástico clericus, que significa 'home de igrexa', á súa vez derivado do grego antigo κλῆρικός klērikós, que designaba, entre outras cousas, o 'conxunto dos eclesiásticos' (dunha igrexa, dun país, dunha cidade), voz derivada de κλῆρος, klēros, 'sorte', 'o que se obtén por sorte' ou, metaforicamente, 'herdanza' e tamén 'eclesiástico' (por seren estes os herdeiros da misión instaurada por Cristo na Terra).
Historia
Idade Antiga Dentro da Cristiandade, especialmente no Cristianismo oriental pero tamén antigamente no occidental Igrexa Católica, o termo clérigo referíase a calquera individuo que recibira a tonsura clerical, incluíndo diáconos, sacerdotes e bispos.Cleric - Catholic Encyclopedia.
No rito romano, a tonsura era un requisito previo para recibir calquera das ordes maiores ou menores. A tonsura suprimiuse (así como tamén a orde menor do subdiaconado) despois do Concilio Vaticano II.Paulo VI, Carta apostólica (motu proprio) Ministeria quaedam números 2–4, 64 AAS 529 (1972). Agora, o estado clerical está ligado á recepción do diaconado.Ministeria quaedam nº 1; CIC Canon 266 § 1.CIC, siglas de Codex Iuris Canonici (Código de Dereito Canónico). As Ordes menores aínda existen nas igrexas católicas orientais, e os que se reciben son 'cregos menores'.CCEO Canon 327; George Nedungatt, Clerics, in A Guide to the Eastern Code 255, 260 (2002).CCEO son as siglas de Codex Canonum Ecclesiarum Orientalium (Código dos Cánons das Igrexas Orientais). O uso da palabra "crego" tamén é apropiado para os cregos menores tonsurados das Igrexas Ortodoxas co fin de non confundir cor ordes como a do lector na Igrexa Oriental, ou para aqueles que non son tonsurado aínda e non teñen ordes menores ou maiores. Neste este sentido foi no que a palabra entrou na lingua árabe, máis comunmente no Líbano, desde o francés, como kleriki (ou, alternativamente, cleriki) que significa "seminarista". Isto está en consonancia cos conceptos ortodoxos do clero, que tamén se refiren a aqueles que aínda non recibiron, ou non planean recibir, o diaconado.
O termo deriva de crego, xa que na época medieval o clero era un dos poucos grupos que podían ler e, polo tanto, a miúdo foron empregados para facer a contabilidade e traballos similares.
En xeral, o sacerdocio é un corpo de presbíteros, xamáns ou oráculos que teñen unha autoridade relixiosa ou desempeñan unha función especial. O termo presbítero deriva do grego πρεσβύτηρος presbýtēros, 'ancián', 'venerábel', pero a miúdo utilízase no sentido de sacerdote, é dicir, para o clérigo que realiza un ritual dentro da esfera da comunicación sagrada cos deuses en nome da comunidade.
Dependendo da relixión, pero principalmente referido aos sacerdotes pertencentes á Igrexa Católica e á Igrexa Ortodoxa), o clero dedícase sobre todo aos diversos aspectos do ritual relixioso, ou liturxia, ó ensino e a predicación, e a administración dos sacramentos, e na morte, como paso cara á vida eterna.
Idade Media
Na Idade Media o clero tiña un status de privilexio e prestixio na sociedade feudal, porque dicían facer a ligazón entre Deus e os seres humanos.
En canto aos monxes nos mosteiros rurais acumulaban funcións, pregaban e celebraba cultos, axudaban aos necesitados, e compilaban obras (libros). O clero era, na Idade Media, todo o estrato social asociado ao culto relixioso, especialmente o cristián.
Na Península Ibérica Na Península Ibérica (como noutras partes da Europa cristiá) xa na sociedade visigótica o clero desempeñaba un papel de gran relevancia. O seu prestixio mantívose entre as poboacións cristiás peninsulares durante a dominación musulmá, e fortaleceríase no período da Reconquista, sendo o principal patrocinador deste movemento.
Ás razóns que constitúen os fundamentos da cristiandade súmase a da peculiaridade ibérica, onde as loitas contra os infieis inflamaban a fe cristiá determinando o celo das crenzas profundas. E non só pola misión relixiosa, senón tamén polo cultivo das letras, á que moitos dos seus membros se dedicaban, o clero exerceu preponderancia social e política, desempeñando os eclesiásticos cargos importantes canda os reis. Até mediados do século XIV, o clero mantivo esta situación de privilexio.
Desamortización e exclaustración No Renacemento a Reforma protestante supuxo a disolución das ordes relixiosas e a incautación dos seus bens polos príncipes alemáns ou os reis do norte de Europa.
Nalgúns países católicos do sur prodúcense procesos similares desde o século XVIII, comezando coa expulsión dos xesuítas
Caso de España
A expulsión dos xesuítas en tempos de Carlos III seguiron, xa no século XIX as sucesivas desamortizacións que culminan coa chamada Desamortización de Mendizábal (1836), nun momento en que os monxes eran claramente partidarios dos carlistas. Simultaneamente comeza un proceso de descristianización.Callahan, William J. (1989): Iglesia, poder y sociedade en España 1750-1874, Madrid: Nerea. ISBN 978-84-86763-12-1.
Tras a restauración de boa parte das comunidades relixiosas polos moderados e a mellora de relacións co Vaticano polo Concordato de 1851, que se acentuou durante a Restauración borbónica a finais do século XIX, os relixiosos concentráronse na asistencia social e a educación.
Co século XX chegou a chamada lei do cadeado (1910), que impedía a fundación de ordes relixiosas novas e, coa II República, unha nova expulsión dos xesuítas e unha recrudescencia do anticlericalismo (con queima de conventos incluída). A guerra civil significou unha certa persecución relixiosa na zona republicana, con miles de relixiosos asasinados e, por outra parte, unha Cruzada (así chamada oficialmente) para o bando vencedor.
A posguerra significou o triunfo do nacionalcatolicismo, aínda que o réxime ditatorial de Franco non contou co apoio de todo o clero. Houbo un florecemento das vocacións sacerdotais (nalgúns casos, como en Galicia, estimuladas pola penuria económica), que decaeron a finais do franquismo, e até a actualidade, en que algunhas ordes relixiosas e, sobre todo, clérigos individuais, se implicarían en movementos sociais de todo tipo (como na teoloxía da liberación en América Latina, por exemplo).
Catolicismo No Catolicismo o clero inclúe relixiosos de diverso tipo, desde o sacerdote dunha pequena parroquia ao bispo dunha diocese, desde o monxe dunha abadía á a alta xerarquía da Igrexa de Roma. É crego calquera que reciba as ordes sagradas do sacerdocio ou do diaconado; polo tanto os relixiosos non ordenados (como os irmáns salesianos, ou os de La Salle, entro outros) non forman parte do clero, pero si da Igrexa, ao igual que todos os bautizados. Debido a isto, as relixiosas (monxas) non forman parte do clero, porque tanto na Igrexa Católica como na Ortodoxa, e nas demais igrexas orientais, non existe o sacerdocio feminino.
Para os católicos, o Xefe e Pastor da Igrexa é o Papa Compendio do Catecismo da Igrexa Católica (CCIC), nº 182., que é elixido polo Sacro Colexio Cardinalicio no Conclave. 250px|miniatura|dereita|Bispo, sacerdotes e diáconos católicos.
Ademais de por este colexio, o Papa tamén é aconsellado e asistido pola Curia romana e, periodicamente, polo Sínodo dos Bispos. Entre outras funcións, o Papa, o Vigairo de Cristo na Terra, ten a misión de manter a integridade e a fidelidade da doutrina e a fe católicas á Revelación divina, corrixindo se for necesario calquera interpretación errada na Igrexa. Para iso, convoca concilios ecuménicos onde exerce persoalmente a Infalibilidade papal.Ibídem, nº 185.. Na Igrexa Latina e nalgunhas das Igrexas orientais, só o Papa pode designar os clérigos por riba do nivel de presbítero.
A Igrexa defende que todos os seus Bispos (que son axudados polos presbíteros e os diáconos), debido á sacramento da Orde, son os sucesores dos Doce Apóstolos, sendo o Papa o sucesor directo do Apóstolo Pedro.Ibídem, nº 174 e nº 176. De aí a autoridade e a primacía da que o Papa goza.
A actividade e disciplina do clero son reguladas e supervisadas pola Congregación para o Clero (no caso dos presbíteros e diáconos) e pola Congregación para os Bispos (no caso do episcopado). O clero de rito oriental tamén é supervisado pola Congregación para as Igrexas Orientais.
O alto clero (Arcebispos, Bispos, Cardeais, Abades (mitrados ou non) e Cóengos), compartían no Antigo Réxime coa nobreza a súa condición de estamento privilexiado.
No catolicismo diferéncianse dentro do clero dúas clases ou categorías, o clero secular e o clero regular, diferenza que se mantén tamén no clero ortodoxo. A Reforma protestante suprimiu o clero regular e estableceu o chamado sacerdocio universal, co que a mesma existencia dun clero como clase diferente do resto dos fieis deixou de ter sentido nalgunha das Igrexas reformadas, aínda que noutras mantívose unha clara xerarquía, como nas luteranas e na Anglicana. Nesta última confesión, a pesar de considerarse protestante, tamén existe clero regular.Páxina anglicana
Clero secular É o que vive "no século", é dicir, "no mundo"'Secular' provén do latín sæculum, que ademais de século significa mundo no latín eclesiástico. dentro da sociedade dos homes, sometido ás súas leis humanas, e que administra os sacramentos. Tamén se lle chama diocesano (por depender directamente do seu ordinario ou bispo da diocese).
A súa organización xerárquica parte do papa —dos patriarcas na Igrexa ortodoxa—, continúa cos bispos, os presbíteros e os diáconos. miniatura|200px|Igrexa parroquial do Santo Cura de Ars, Teis, Vigo, Galicia.