Julien Ries, nado en Fouches (Arlon) o 19 de abril de 1920, é un sacerdote, antropólogo e historiador das relixións belga creado cardeal da Igrexa Católica polo papa Bieito XVI.

Traxectoria Estudou de 1933 a 1939 no seminario menor de Bastogne, na diocese de Namur, completando estudos clásicos e de filosofía e de 1941 a 1945 na Facultade de Teoloxía no seminario maior de Namur e foi ordenado sacerdote o 12 de agosto de 1945 na catedral desa cidade. Continuou os seus estudos na Facultade de Teoloxía e no Instituto Orientalista da Universidade Católica de Lovaina entre 1945 e 1950, licenciándose en teoloxía (1948) e filoloxía e historia oriental (1949). Foi capelán e profesor de relixión católica no instituto de Athus (1950-1959). En 1953 conseguiu o doutoramento en teoloxía coa tese, dirixida por Lucien Cerfaux e Louis Théophile Lefort acerca da influencia dos escritos do Novo Testamento no eucoloxio maniqueo copto de Médinêt Mâdi. Titular da parroquia de Messancy (1959-1968). A partir de 1960 comezou a dar clases na Universidade de Lovaina, e xa desde 1968 como titular no Centro de Historia das Relixións ao tempo que se facía cargo da parroquia de Suarlée (Namur). En 1970 ao dividirse a universidade en dous centros segundo a lingua, Ries deu clase na universidade francófona, onde o novo reitor Édouard Massaux deu pulo os estudos sobre a historia das relixións, o que induciu a que Ries se ocupara máis da historia xeral das relixións, sen deixar o seu interese orixinario polo maniqueísmo. Entre 1979 e 1985 foi membro do Consello Pontificio para o Diálogo Interrelixioso. Foi creado cardeal diácono o 18 de febreiro de 2012.

Obra Estudoso da antrolopoxía da relixión baixo a súa dirección elaborouse o Trattado di antrolopogia del sacro (1989-2009), nos seus dez volumes colaboraron especialistas do mundo enteiro, coa colaboración do antropólogo estadounidense Lawrence E. Sullivan (director do Centre for the Study of World Religions na universidade HarvardTreatise on the Anthropology of Religion. Julien Ries é o pensador que fixo popular a expresión "homo religiosus" (o ser humano como ente relixioso) UCL: Monseigneur Julien Ries créé cardinal , coincidindo co paleontólogo francés Yves Coppens, o descubridor de Lucy (Australopithecus afarensis): « desde o comezo o home é un ser relixioso» "Mankind has been religious even from the time of the Australopithecus Lucy".

Dirixiu catro coleccións de libros (Homo religiosus, Cerfaux-Lefort, Information et Enseignement, Conférences et Travaux) e é autor de máis de 680 obras, entre libros e artigos, sobre a historia das relixións, a Academia Francesa concedeulle senllos premios en 1986 e 1987CERF: Julien Ries . As súas obras completas (opera omnia Julien Ries) están en curso de edición e ten obras traducidas a varias linguas Opera omnia Julien Ries. Tamén é membro do comité de edición do Dictionnaire des Religions

Notas

Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Antropólogos de Bélxica Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados na provincia de Luxemburgo Categoría:Bispos católicos de Bélxica Categoría:Cardeais de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina