miniatura|Un Agena D, cun motor Bell 8096. Bell 8000 é a denominación dunha familia de motores foguete fabricados por Bell para os foguetes Agena e que utilizaban ácido nítrico e UDMH como propelente.

Variantes Bell 8048 (LR81-B-1) Foi usado nos Agena A. Trátase dun motor refrixerado rexenerativamente que voou por primeira vez en 1959.

Especificacións Masa: 127 kg Diámetro: 1,52 m Pulo: 68,9 kN Impulso específico: 276 s Tempo de combustión: 120 s Cantidade: 20

Bell 8081 (XLR81-BA) Foi usado nos Agena B, á súa vez usado como etapa superior xunto con foguetes Thor ou Atlas. Era capaz de ata 2 reencendidos.

Especificacións Masa: 130 kg Diámetro: 1,52 m Pulo: 71,2 kN Impulso específico: 285 s Tempo de combustión: 240 s Cantidade: 156

Bell 8096 (YLR81-BA) Foi usado nos Agena D, á súa vez usado como etapa superior xunto con foguetes Thor, Atlas e Titan. Era capaz de ata 8 reencendidos.

Especificacións Masa: 132 kg Diámetro: 1,52 m Pulo: 71,2 kN Impulso específico: 293 s Tempo de combustión: 265 s Cantidade: 175

Bell 8247 (XLR81-BA-13) Foi o motor usado vehículo-obxectivo Agena para o programa Gemini, cunha capacidade de 15 reencendidos. Voou por primeira vez en 1963.

Especificacións Masa: 132 kg Diámetro: 1,52 m Pulo: 71,2 kN Impulso específico: 291 s Tempo de combustión: 240 s Cantidade: 248

Notas

Véxase tamén Agena (foguete)

Categoría:Motores foguete