Club dos poetas mortos (en ) é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir que se estreou en 1989.

A estrea en galego estaba prevista para o 12 de xuño de 2026 a través da TVG. Foi reprogramada para o 16 de xuño. A tradución é obra de Ana M. Fernández.

Sinopse Nun elitista e estrito colexio privado de Nova Inglaterra, un grupo de alumnos descubrirá a poesía, o significado do "carpe diem" e a importancia vital de loitar por acadar os soños grazas a un excéntrico profesor que esperta as súas mentes por medio de métodos pouco convencionais.

Personaxes Robin Williams como John Keating Robert Sean Leonard como Neil Perry Ethan Hawke como Todd Anderson Josh Charles como Knox Overstreet Gale Hansen como Charlie Dalton Norman Lloyd como Headmaster Gale Nolan Kurtwood Smith como Mr. Perry Dylan Kussman como Richard Cameron James Waterston como Gerard Pitts Leon Pownall como McAllister Alexandra Powers como Chris Noel Kevin Cooney como Joe Danburry Welker White como Tina Debra Mooney como Mrs. Anderson

Galardóns e nomeamentos 1990: César: Mellor filme estranxeiro. 1989: Oscar ó mellor guión orixinal. Nomeado a mellor filme, director e actor (Robin Williams). 1989: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor drama, director, actor e guión. 1989: BAFTA: Filme e Banda sonora. Nomeada a mellor director, actor, guión e montaxe. 1989: David di Donatello: Filme estranxeiro. Nomeado a mellor director e actor estranxeiros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Weir Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego