miniatura|Porto de Somosierra, lado norte. O sinal está situado na antiga estrada N-I, paralela á actual A-1. O porto de Somosierra é un porto de montaña entre a Serra de Somosierra ao oeste e o Macizo de Ayllón ao leste. Ten unha altura de 1.444 m.
Serve de límite entre a Comunidade de Madrid, que queda ao sur, e a provincia de Segovia (Castela e León), que queda ao oeste. Está atravesado pola autovía nacional A-1, aínda que evita o tramo máis alto do porto cun túnel. No porto librouse a famosa batalla de Somosierra entre o exército español e o francés en 1808, durante a Guerra da Independencia Española.
Somosierra Categoría:Xeografía da Comunidade de Madrid Categoría:Xeografía de Castela e León