A Clash of Kings é a segunda novela da serie fantástica A Song of Ice and Fire, do autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicada o 16 de novembro de 1998 no Reino Unido, e en marzo de 1999 nos Estados Unidos. Ó igual que o seu predecesor A Game of Thrones, gañou o Locus Award (en 1999) á mellor novela e foi nomeada para os Nebula Award (tamén en 1999). En maio de 2005, Meisha Merlin lanzou ó mercado edicións limitadas da novela, enteiramente ilustradas por John Howe.
A novela foi adaptada nunha serie de televisión da HBO como a segunda tempada de Game of Thrones.
Véxase tamén Ligazóns externas George R.R. Martin’s ‘Game Of Thrones’ Greenlit By HBO
Categoría:A Song of Ice and Fire Categoría:Novelas de George R. R. Martin Categoría:Obras literarias de 1998 Categoría:Obras literarias en inglés