Oliveira de Azeméis é un concello portugués pertencente ao Distrito de Aveiro, dentro da Grande Área Metropolitana do Porto, na subrexión Entre Douro e Vouga (Rexión Norte). O municipio ten unha poboación de 68.611 habitantes (2011), dos cales 12.204 residen na capital.

O concello conta cun total de 19 freguesías e limita ao nordeste co concello de Arouca, ao leste cos de Vale de Cambra e Sever do Vouga, ao sur co de Albergaria-a-Velha, ao oeste cos de Estarreja e Ovar, e ao noroeste con Santa Maria da Feira e São João da Madeira.

Galería

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web da Câmara Municipal de Oliveira de Azeméis

Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Aveiro