A bandeira do Sudán (en ) foi adoptada o 20 de maio de 1970. É unha bandeira dividida en franxas horizontais do mesmo tamaño. A franxa superior é de cor vermella, a central é branca e a inferior negra. No lado máis próximo ó mastro figura un triángulo de cor verde. Ata o golpe militar encabezado por Gaafar Nimeiry que tivo lugar en 1969, a bandeira do Sudán foi de cor azul, amarelo e verde.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira do Sudán en Flags of the World

Categoría:Símbolos do Sudán Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1970