Isfahán é unha cidade de Irán, capital da provincia homónima do centro occidental do país. Situada na meseta iraniana ao pé dos montes Zagros nun oasis irrigado polo río Zayandeh, é na actualidade un importante núcleo industrial, comercial, educativo e cultural que ten 1 755 382 habitantes (2012) e unha área metropolitana de arredor de tres millóns.
De antigo poboamento (a mítica Aspadana citada por Tolomeo) semella unha fundación aqueménida coma residencia real de lecer que en tempos dos gregos seleúcidas se chamou Gabai, e foi unha sede militar fortificada na época sasánida (séculos III-VII) co nome de Jay. Un asentamento xudeu achegado, Yahoudiyeh na beira norte do Zayandeh, foi o verdadeiro xermolo da Isfahán musulmá, cando foi capital dos turcos selxúcidas (século XI) e dos persas safávidas (século XVII), acadando o cénit coma unha das maiores e máis cosmopolitas urbes do mundo, foco cultural e relixioso, creación do Sah Abbas I cun excepcional plan urbano de gran praza (Meidán), bazar, mesquitas, pazos, xardíns, grande avenida-bulevar, e pontes sobor do río.
Historia Na historia urbana de Isfahán aparece o nome de Aspadana (citado por Tolomeo) coma posible antecesora na época do dominio medo na rexión, pero aínda non hai probas arqueolóxicas. Máis segura semella a adscrición da Gabae de tempos de Alexandre Magno e os seus sucesores seléucidas, posible fundación dos persas aqueménidas coma sitio dunha residencia real. O nome grego Gabai transformaríase no Jay (ou Jayy) que as fontes árabes dan como seguro antecedente urbano de Isfahán. Existiría xa no tempo dos partos arsácidas (247 aC-224) e con seguridade na época sasánida (224-651).
500px|dereita A vila sasánida miniatura|200px|Esquema da Aspahan preislámica (enriba) e medieval (embaixo). Seica a situación de Jay era máis ao sueste, preto do río, e non se fundiu con Yahoudiyeh. Así, antes da conquista árabe, ao norte do leito do río Zayandeh erixíase a sede militar e administrativa dunha provincia sasánida que chamaban Aspahan ("lugar dos exércitos") e que constaba de dous asentamentos separados uns quilómetros: o antedito Jay era o posto fortificado (cuxa porta norte se chamaba dos Xudeus) cunha praza central e mercado; e un barrio xudeu, Yahoudiyeh, máis ao norte e arredor do cal se foron aglomerando as aldeas do oasis existente no lugarEsquema da evolución urbana de Isfahán: Yahoudiyeh e aldeas (arriba esquerda); sinecismo (embaixo esquerda) . Seica Yahoudiyeh contiña xa un grande ámbito ou praza, posiblemente de mercadoEvolución do Meidán vello dende a primitiva praza preislámica (enriba dereita) .
Época musulmá Entre o 644, data da conquista árabe, e 772 Isfahán perdeu a súa importancia política. Nesa última data o gobernador abásida estableceu a súa residencia na aldea de Khashinan, próxima a Yahoudiyeh, e unha primeira mesquita do venres (Masjed-e Jomeh) e bazar (zoco ou mercado cuberto) foron construídos nas inmediacións da praza preislámica.
Os búidas, persas xiítas, fanse co dominio da vila no 936 e fornécena cunha muralla con doce portasPlanta esquemática de Isfahán na época búida (en escuro) e selxúcida; ver nota 1, enriba dereita.Mapa de Isfahan co trazado (a raias) das murallas búidas ou daylamitas (aproximadamente a área da antiga Yahoudiyeh coas aldeas do oasis arredor) e unha cidadela palaciana, xardíns, novas mesquitas, ampliación do bazar, baños públicos (hamman) e biblioteca. Avicena ensinou na cidade entre 1024 e 1037.
Os sucesores da mesma ascendencia, kakúidas (comezos do século XI), fixeron unha ampliación das murallas polo suroeste arrodeando a cidadela (ampliación que comprende o que devirá centro de Isfahán)Ver nota anterior (liña fina continua).. Esta cidade ampliada vai ser a que conquistarán os selxúcidas.
Capital selxúcida En 1051 Isfahán, moi destruída, cae finalmente en poder dos turcos selxúcidas (sunnitas), e en 1072 o sultán Malik Shah faina capital do seu imperio. Co seu visir Nizam al-Mulk reconstrúena e convértena nunha florecente cidadeMapa esquemático da Isfahán selxúcida co vello Meidán, o Bazar e a Mesquita do Venres coma centro urbano . A antiga praza entre o Bazar e a Mesquita do Venres (que tamén é reconstruída e ampliada, base do edificio actual) convértese no centro da cidade, o vello Meidán (Meidān-e Qadim ou Meidān-e KohnehRecreación a vista de paxaro do Meidán selxúcida coa Mesquita do Venres en primeiro termo ) con funcións de mercado ó aire libre. Un novo cinto de murallas de doce quilómetros de perímetro arrodea a capital, que supera os 100 000 habitantes. A cidadela búida é restaurada, grandes xardíns, pazos e minaretes enriquecen a urbe; fúndanse madrasas e un observatorio astronómico, onde Omar Khayyam investigará e escribirá poesía.
Non destruída polos mongois en 1244 (continuará coma importante capital rexional) si será saqueada e a poboación masacrada por Tamerlán en 1387.
A creación da capital persa: Esplendor safávida O renacemento de Isfahán veu dous séculos despois, en 1588, cando o Sah Abbas I da dinastía safávida elixe a vila coma lugar de lecer e de caza. Dez anos despois desígnaa capital persa pola súa situación central e menos exposta aos otománs. miniatura|200px|Esquema da cidade safávida. miniatura|200px|Lutfullah, Masgid-i Sah e Ali Qapu; vista da época do sur do Meidán. miniatura|200px|Ponte Khaju. O plan persoal do sah pretende unha gran capital equiparable ás contemporáneas europeas (época xa de frecuentes contactos e embaixadas) que ademais de foco cultural e relixioso represente simbolicamente o poder centralizado do seu reino e, como devoto xiíta que era, a imaxe do paraíso no CoránPlanta esquemática da ampliación safávida de Isfahán. miniatura|100px|esquerda|Meidán cara ó sur. Así, créase coma novo centro urbano un vasto espazo rectangular ("imaxe do mundo"), unha praza real que substitúe o vello Meidán. De 524×160 metros, con fachada uniforme de dobre altura con tendas e canles de auga arredor, é unha das maiores do mundoPlanta do novo Meidán safávida cos edificios que o rodean. Únese á vella cidade selxúcida polo seu lado norte cun acceso monumental e unha nova sección (Bazar Real) engadida ao antigo Bazar a través do cal se liga co Meidán medieval (que ao perder a súa relevancia e función foi progresivamente ocupado con construciónsPlanta do Meidán medieval (xa ocupado) en época safávida; ver nota 3, fig. enriba esquerda.). O lado occidental está presidido pola porta e palco cerimonial columnado do Pazo Real, o alto pavillón Ali Qapu, tralo que se estende o complexo palacial cos xardíns reais (que se irá enriquecendo con novos pavillóns polos sucesivos monarcasPlantas das actuacións safávidas: o Meidán, o complexo palacial e xardíns, e a primeira sección da Cahar Bag Vista da época do lado oeste do novo Meidán co Pazo e xardíns imperiais (ao fondo, esquina superior dereita, un anaco da Cahar Bag) ). Nos outros dous lados do gran rectángulo eríxense as novas mesquitas: a real, Masgid-i Sah no sur, e a pequena e refinada Lutfullah no lado oriental enfrontando o Ali QapuVista aérea moderna do Meidán de Isfahán cara ó sur.
A nova Isfahán safávida, ao suroeste da cidade medieval cara ó río, ten unha grande avenida con árbores e canle central de auga, a Cahar Bag, deseñada coma eixo vertebral (1,6 km) ao occidente do Meidán e bordeada de pazos, xardíns e residencias da corte e da elite administrativa e adinerada. Unha ponte monumental, a Si-o-se ou dos 33 arcos (tamén ponte Allahverdi KhanVista elevada da ponte Allahverdi Khan), continuaría o eixo sobor do Zayendeh ata a ourela sur e máis alá onde remataría noutro gran xardín persa (Bagh Hezar Jarib). Os barrios residenciais esténdense nunha retícula de grandes parcelas en ámbolos dous lados do Cahar Bag. miniatura|150px|esquerda|Ponte Allahverdi Khan. No sur do río os sucesores de Abbas I proxectaron outros xardíns reais ao longo do século XVII e unha nova ponte estancial, a excepcional Ponte Khaju (1650Vista elevada da Ponte Khaju) augas abaixo do Allahverdi, continuando un segundo e antigo eixo dende o Meidán.
Tamén na beira sur se desenvolveu o barrio de Nova Julfa con armenios cos que inicialmente Sah Abbas repoboou a cidade ao inicio do seu plan (confiando ademais na súa iniciativa mercantil). Para finais do XVII a capital contaba con 350 000 habitantes (algunhas fontes falan de máis de medio millón) sendo unha das dez maiores do mundo de entón. As murallas safávidas que arrodeaban a cosmopolita metrópole tiñan 20 km de perímetroPlanta de Isfahán no século XVIII-XIX: o conxunto da cidade safávida (advírtase o trazado reticular aos lados da Cahar Bag); ver nota 5..
Retraemento na época qajar En 1722 Isfahán é tomada e parcialmente destruída pola dinastía afgá que vai suceder os safávidas. A perda ademais da capitalidade comporta un retraemento xeral e unha mingua da poboación ata case que a décima parte. Durante un século e medio barrios enteiros permanecerán en ruínas.
Non obstante, a agora simple capital provincial mantén unha importante actividade comercial e unha sona cultural e artística de metáfora do paraíso que sosteñen os aínda abundantes xardíns da época.
Século XX miniatura|190px|Planta da Isfahán contemporánea. Dende 1925 coa dinastía Pahlavi os plans de modernización da vila (cunha rede de avenidas e bulevares) teñen a contrapartida das destrucións do tecido histórico medievalVista aérea da traza do vello Meidán selxúcida (completamente ocupado en época safávida) e a Mesquita do Venres co corte dunha primeira avenida moderna . A Cahar Bag é ampliada cara ó norte converténdose no eixo fundamental da urbe moderna.
A industrialización de Isfahán tamén se inicia nos anos trinta con especial relevancia do sector téxtil. Un suburbio industrial esténdese ao sur do Zayandeh nos antigos xardíns safávidas. Os plans xerais de urbanismo comezaron nos anos sesenta aínda sen respectar a estrutura histórica da vila. O plan dos anos oitenta corrixía xa ese defecto.
A metrópole actual (1 700 000 h; máis de 3 000 000 na aglomeración) ten unha industria diversificada (aceiro, líder no enriquecemento de uranio) e infraestruturas contemporáneas (aeroporto internacional, metro en proxecto).
Notas
Categoría:Cidades de Irán