Acontecementos 29 de agosto - Termina a Primeira Guerra do Opio co Tratado de Nanking. O Reino Unido anexa Hong Kong.

Ciencia e tecnoloxía O físico austríaco Christian Johann Doppler descobre o denominado efecto Doppler.

Nacementos 11 de xaneiro - William James, filósofo e psicólogo estadounidense. 18 de marzo - Stéphane Mallarmé, poeta francés. 9 de abril - Pascual Veiga, músico e compositor galego. 11 de abril - Edmond Audran, compositor francés (m. 1901). 18 de abril - Antero de Quental, poeta portugués. 26 de xullo - Berthold Delbrück, lingüista alemán (m. 1922). 6 de agosto - Justo Martínez Martínez, médico, militar e político galego (m. 1930).] 20 de setembro - James Dewar, físico e químico escocés. (m.1923) 26 de outubro - Vasili Vereshchagin, pintor ruso (m. 1904). 12 de novembro - John William Strutt, físico británico, premio Nobel de Física de 1904. 9 de decembro - Peter Kropotkin, teórico do anarquismo. 30 de decembro - Luciano Puga Blanco, avogado e político galego (m. 1899).

Mortes 23 de marzo - Stendhal, (Henri-Marie Beyle), escritor francés. 23 de maio - José de Espronceda, poeta español. 8 de outubro - Christoph Ernst Friedrich Weyse, organista e compositor danés (n. 1774). Luigi Cherubini, compositor musical italiano (n. 1760).

Outros Créase en Lugo o primeiro Instituto de Segunda Ensinanza de toda Galiza.

Historia ano a ano

Categoría:1842