One contra Olesen foi un caso xudicial que chegou ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América e que foi sentenciado o 13 de xaneiro de 1958, e que supuxo un fito para o recoñecemento da homosexualidade nos Estados Unidos.

Desenvolvemento One, asociada á Mattachine Society, publicaba a revista ONE: The Homosexual Magazine desde 1953. Logo dunha campaña de acoso por parte de Correos e o FBI, o xefe de correos dos Ánxeles declarou o número de outubro de 1954 da revista obsceno e xa que logo segundo a lei Comstock era ilegal enviala polo correo.

A revista demandou nos tribunais á oficina postal, a primeira sentenza, ditada en marzo de 1956, dáballe a razón a Correos, como tamén fixo o tribunal de apelación en febreiro de 1957. Pero para sorpresa xeral, o Tribunal Supremo non só aceptou a apelación senón que con base na recente sentenza do caso Roth contra os Estados Unidos, que sentaba xurisprudencia, o tribunal nunha decisión per curiam, revogou a decisión do tribunal de apelación sen mesmo esperar pola vista oral.. Foi a primeira vez que o Tribunal Supremo explicitamente garantía a liberdade de prensa en relación á homosexualidade., aínda que por ser unha sentenza moi curta, houbo incerteza sobre o grao real desa garantía .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O caso no Tribunal Supremo .

Categoría:Casos xudiciais Categoría:Homosexualidade Categoría:1958 Categoría:Estados Unidos de América