Este artigo trata sobre a vila de Portugal, para a vila de Israel véxase Nazaret, para a belga véxase Nazareth.
A Nazaré é unha vila portuguesa, pertencente ao distrito de Leiria, con cerca de 10.300 habitantes.
Localización O actual espazo urbano da vila aglutina tres antigos poboados, Pederneira, Sítio da Nazaré e Praia da Nazaré e novos barrios da segunda metade do século XX, como a Urbisol ou o Rio Novo, xurdidos a consecuencia da expansión natural dos tres núcleos primitivos.
A vila é sede dun pequeno municipio con 80,49 km² de área e 15 158 habitantes (2011), subdividido en 3 freguesías, Nazaré, Valado dos Frades e Famalicão. O municipio é rodeado a norte, leste e sur polo concello de Alcobaça e a oeste confina co océano Atlántico.
Historia miniatura|esquerda|Igrexa de Nosa Señora da Nazaré. Os primeiros asentamentos eran inmediatamente sobre zonas costeiras agrupados nos núcleos de Pederneira e Sitio. As poboacións tiveron que se defender de ataques piratas que foron frecuentes ata o século XIX. Sobre as orixes existe a lenda da Nazaré á que fan referencia varios textos históricos.
O municipio, e a freguesía de Nazaré designáranse Pederneira até 1912, ano en que, por lei, o topónimo foi alterado para Nazaré. O antigo concello da Pederneira tivo foro, en 1514, dado por Don Manuel I, e estivo integrado nos coutos de Alcobaça.
A Pederneira, actualmente un dos barrios da vila da Nazaré, mantén aínda o edificio dos antigos pazos do Concello, o pelouriño, a igrexa Matriz da nosa Señora das Areas e a igrexa da Misericordia, como testemuños da súa antiga condición de vila sede de concello. miniatura|Vista nocturna do Sítio da Nazaré.
Turismo O atractivo turístico de Nazaré residía antigamente na tipoloxía de vila tradicional mariñeira e nas súas fermosas e grandes praias aínda que actualmente este turismo fixo mudar o urbanismo e sociedade mariñeira da vila. O turismo ten unha grande importancia na economía da vila consolidándose como destino preferente de turismo.
O topónimo Nazaré está intrinsecamente ligado á Lenda da Nazaré.
As freguesías do concello da Nazaré son as seguintes: Famalicão Nazaré Valado dos Frades
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Nazaré Rádio Nazaré
Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Leiria