Vālmīki (sánscrito en devanágari : वाल्मीकि, que significa «(Penitente) do formigueiro») é un poeta indio lendario, nado hai sobre tres mil anos e autor segundo a tradición do Rāmāyana , que conta a epopea do príncipe Rāma cando partiu á procura de Sītā.

Esta obra monumental composta de non menos de 24 000 estrofas de catro versos, é unha das xoias da literatura india antiga, co Mahābhārata. Porén adoita datarse este poema a principio da era cristiá; a súa atribución a Valmiki provén de elementos internos ao texto (máis precisamente dunha parte recente onde o poeta aparece como personaxe). A tradición atribúelle a Valmiki a invención do metro épico (śloka)The Sanskrit Heritage Dictionary de Gérard Huet. Un sobrenome seu é Adi kavi, o Primeiro poeta.

Notas

Categoría:Escritores da India Categoría:Escritores en lingua sánscrita