Star Wars: The Clone Wars é unha serie de televisión con animación 3D CGI, creada por Lucasfilm e con animación de Lucasfilm Singapur e CGCG Inc. A serie estreouse nos Estados Unidos, en Cartoon Network, o 3 de outubro de 2008. A historia sitúase na galaxia da saga Star Wars, durante o mesmo período que a serie anterior Star Wars: Clone Wars do 2003. Cada episodio ten unha duración de 22 minutos. O creador de Star Wars, George Lucas dixo que se producirán «polo menos 100 episodios». Tamén existe unha liña de banda deseñada, que representa anacos da historia no período entre os episodios.
O primeiro tráiler da serie publicouse no sitio web oficial de Star Wars o 8 de maio do 2007.Star Wars: Video A serie iniciouse co filme The Clone Wars, que foi lanzado nos cinemas o 14 de agosto do 2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Star Wars