A lei dos gases ideais é unha ecuación de estado do gas ideal, un gas hipotético formado por partículas puntuais, sen atracción nin repulsión entre elas e con choques perfectamente elásticos, sen intercambio de enerxía. Un gas aproxímase ao modelo de gas ideal en condicións de temperatura elevada e presión baixa.
A lei xeral dos gases ideais obtense a partir da combinación da lei de Boyle-Mariotte, a lei de Gay-Lussac e doutras que as complementan e describe a relación entre a presión, temperatura, volume e cantidade de gas.
Ecuación de estado Valores de R A ecuación matemática que define esta lei é:
Na cal: P é a presión do gas V é o volume que ocupa o gas n é o número de moles de gas T é a temperatura termodinámica ou temperatura absoluta R é a constante dos gases. Segundo as unidades que se utilicen, el valor da constante varía, así e todo as máis habituais son as dúas seguintes: = 8,314 J·K−1·mol−1 = 0,082 atm·L·K−1·mol−1
Categoría:Leis da física