Amancio Landín Jaraiz, nado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1947, é un biólogo e político galego.

Traxectoria Fillo de Amancio Landín Carrasco. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid, en 1972 incorporouse ao Plan de Explotación Marisqueira de Galicia, onde foi asesor das confrarías de pescadores. En 1976 foi nomeado encargado da ría de Pontevedra. En 1980 foi nomeado director do Centro Experimental de Vilaxoán e en 1981 xefe do departamento de Crustáceos. En 1994 asumiu a delegación territorial en Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e en 1995 director xeral de Marisqueo e Acuicultura. En decembro de 1997 foi nomeado Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, posto no que permaneceu ata 2001. Despois foi director do Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo (CETMAR).

Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía dos Landín

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes