Luis Fontaíña Serrapio, nado en Carballedo (Cerdedo Cotobade) o 21 de xuño de 1900 e finado en Pontevedra o 18 de novembro de 1974, foi un médico e político galego.

Traxectoria Cursou o bacharelato no Colexio dos Maristas de Madrid. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Madrid en 1924. Diplomouse na Escola de Odontoloxía en 1926. Exerceu como profesor auxiliar na cátedra de próteses fixa. Estableceuse en Pontevedra en 1928. Despois da proclamación da Segunda República afiliouse ao Partido Republicano Radical do que foi presidente da Executiva de Pontevedra en outubro de 1933.El Pueblo Gallego, 25-10-1933, p. 8. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933. Foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra o 31 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. No franquismo foi Presidente do Liceo Casino de Pontevedra (1956-1958). Finou en Pontevedra o 18 de novembro de 1974.El Pueblo Gallego, 19-11-1974, p. 11.

Vida persoal

Casou con Pilar Lombos Pazos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1974