Celtic Kings: The Punic Wars (en ) é un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Haemimont Games e publicado por Enlight Software. É a secuela de Celtic Kings: Rage of War, e está ambientado nas guerras púnicas, o que permite ao xogador tomar o control dunha das catro civilizacións antigas: iberos, cartaxineses romanos e galos. O xogo recrea as conquistas de Hannibal o Grande, o sitio de Numancia e as guerras púnicas, con batallas tan importantes como a conquista de Gades, a batalla de Cannae, ou a invasión de Sicilia.

En España o xogo lanzouse o 27 de novembro de 2003 co título Imperium II: La Conquista de Hispania, e en Italia como 'Imperivm II: The Punic Wars, pola editora FX Interactive.

Modo de xogo Celtic Kings: The Punic Wars é un videoxogo de estratexia en tempo real. Ambientado durante as guerras Púnicas, o xogador pode tomar o control dunha de catro civilizacións: os romanos, os galos, os cartaxineses e os iberos.

Vendo o poder e a influencia de Cartago, enviáronse lexións romanas a África coa orde de atacar a cidade rival de Cartago, lideradas polo seu xeneral Haníbal.

Unidades Iberos As unidades dos iberos son: Miliciano, arqueiro, fondeiro balear, defensor, xinete ibero, garda de elite, guerrilleiro e sacerdotisa.

Cartago As unidades dos cartaxineses son: Infante númida, lanceiro libio, loitador mauritano, guerreiro con maza, tuareg, nobre, elefante de guerra e xamán.

Romanos As unidades dos romanos son: Lexionario, arqueiro, gladiador, princep, equite, sacerdote de Xúpiter, liberatus e pretoriano.

Galos As unidades dos galos son: guerreiro, arqueiro, guerreiro con hacha, lanceiro, xinete, guerreira e druída.

Desenvolvemento Celtic Kings: The Punic Wars foi desenvolvido por Haemimont Games, e lanzouse en España en novembro de 2003. O xogo é unha secuela de Celtic Kings: Rage of War, titulado orixinalmente Celtic Kings: The Punic Wars. Enlight Software publicou e distribuíu o xogo en América do Norte en marzo de 2004.

Acollida Celtic Kings: The Punic Wars'' recibiu valoracións de "termo medio" segundo a páxina web de recensións Metacritic. O xogo gañou o premio "Platino" da Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de Entretemento (aDeSe), con máis de 80.000 unidades vendidas en España durante os seus primeiros 12 meses. Finalmente vendeu máis de 250.000 unidades en España.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Imperivm (saga)

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Imperivm Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Bulgaria Categoría:Videoxogos de Enlight Software Categoría:Videoxogos de Haemimont Games Categoría:Videoxogos de estratexia en tempo real Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Windows