Juan Alberto Fernández Argüelles, nado o 26 de marzo de 1969 en Oviedo, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central.

Traxectoria Chegou a xogar en Primeira División co Real Oviedo durante dúas tempadas, entre os anos 1989 e 1991, formando despois parte do equipo do CD Lugo que xogou en Segunda División na tempada 1992–93, descendendo ao final da mesma. Nesa tempada disputaría 9 partidos.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Oviedo