The Temper Trap é unha banda australiana de indie rock formada no 2005. Os membros da banda son Dougy Mandagi na voz, Jonathon Aherne no baixo, Toby Dundas na batería, Lorenzo Sillitto na guitarra e Joseph Greer no teclado e a guitarra.
Jim Abbiss foi o produtor que os descubriu e o que lles gravou 'Conditions', o seu primeiro disco. Deste álbum extráese o que é o seu maior éxito: 'Sweet Disposition', unha canción que acadou gran popularidade grazas ó filme (500) Days of Summer.
Membros Toby Dundas – batería (2005–presente) Dougy Mandagi – voz (2005–presente) Jonathon Aherne – baixo (2005–presente) Lorenzo Sillitto – guitarra (2005–presente) Joseph Greer – teclado e guitarra (2008–presente)
Discografía Conditions - 2009 (Liberation/Infectious) The Temper Trap - 2012 (Liberation/Infectious)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais formados en 2005