Baltazar Maria de Morais Junior, nado en Goiânia (Estado de Goiás) o 17 de xullo de 1959, foi un futbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Iniciou a súa carreira profesional en 1978 no Atlético-GO, acadando o título de máximo goleador do Campionato Goiano. No ano seguinte fichou polo Grêmio, onde conquistou os seus primeiros títulos co bicampionato Gaúcho de 1979 e 1980, e sendo máximo goleador do Campionato Gaúcho en 1980 (28 goles) e 1981 (20 goles)SEBEN, Paulo. Dicionário gremista. Caxias do Sul, RS: BelasLetras, 2010. p. 57.. En 1981 fixo o gol que lle deu o primeiro título brasileiro ao Grêmio na final contra o São Paulo no Morumbi, logo de errar un penalti no partido de ida no estadio Olímpico Monumental. Baltazar xogou tamén no Flamengo, Botafogo e Palmeiras.
Chegou ao Celta de Vigo na tempada 1985-1986 logo de ser o máximo goleador na liga do Brasil con 51 goles. No seu primeiro ano non destacou demasiado pero na tempada 1986/87 formou unha letal parella con Pichi Lucas, que levou baixo a batuta de Colin Addison o equipo olívico ao ascenso a Primeira División con 34 goles, marcando tamén o penalti decisivo co que o Celta de Vigo gañou o play-off de ascenso a Primeira División ante o Deportivo da Coruña en Riazor.
No verán de 1988 foi traspasado ao Atlético de Madrid, na súa primeira campaña no equipo colchoneiro gañou o trofeo Pichichi de Primeira División con 35 goles, o que tamén lle valeu a Bota de Bronce como terceiro máximo goleador europeo do ano, por detrás dos romaneses Mateut (Dinamo de Bucarest) con 43 goles e Coras (Victoria de Bucarest) con 36 dianas.
Coa chegada de Javier Clemente ao banco do Atlético de Madrid no verán de 1989 perdeu a condición de titular, aínda que conseguiu ser, á idade de 30 anos, o terceiro máximo anotador da Liga, con 18 tantos. Ao ano seguinte o equipo madrileño fichou ao alemán Bernd Schuster e decidiu prescindir do brasileiro, que rematou a tempada no FC Porto, onde conquista a Copa de Portugal.
No verán de 1991 ficha polo Stade Rennes francés, onde xogará dúas tempadas, despois das cales regresa ao equipo da súa vila natal, o Goiás, aos 34 anos. Apraza o plan inicial de retirarse alí a causa dunha oferta da liga xaponesa e incorpórase ao Kyoto Purple Saga, onde se retira en 1996.
Foi convocado en sete ocasións pola Selección de fútbol do Brasil, marcando tres goles e gañando a Copa América de 1989.
Na actualidade segue sendo o xogador que máis goles marcou nunha mesma tempada en Segunda División.
Traxectoria AnoClubPaís1976-1979Atlético Mineiro1979-1983Gremio Portoalegre1983-1984Palmeiras1984-1985Flamengo1985-1986Botafogo1985-1988Celta de Vigo1988-1990Atlético de Madrid1990-1991Porto1991-1993Stade Rennes1993-1994Goias1991-1994Kyoto P.S.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFútbol
Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Xogadores do Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense Categoría:Xogadores do SE Palmeiras Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do Stade Rennais FC Categoría:Xogadores do Goiás EC Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Goiânia Categoría:Gañadores do Trofeo Pichichi Baltazar