Non se debe confundir co departamento de Loira (Loire en francés), un departamento do centro-este de Francia.
Loiret (45) é un departamento francés situado no centro de Francia, que pertence á rexión Centro-Val de Loira. Debe o seu nome ao río Loiret, afluente do Loira.
Historia Loiret é un dos oitenta e tres departamentos orixinais creados durante a Revolución francesa o 4 de marzo de 1790 (en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789). Foi creado a partir da antiga provincia do Orléanais.
O departamento toma o seu nome do río Loiret, que en realidade non é máis que un regato procedente do río Loira. O curso do río Loiret ten 12 quilómetros de longo, tralos cales as súas augas van parar outra vez ao Loira. Este fenómeno tamén é a orixe do nome dun coñecido barrio de Orleáns chamado La Source.
Demografía
Principais cidades Orleáns, chef-lieu (capital) do departamento Fleury-les-Aubrais Olivet Saint-Jean-de-Braye Saint-Jean-de-la-Ruelle Montargis
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Conseil Géneral de Loiret
Categoría:Departamentos de Centro-Val de Loira