James Arthur Beckford, nado o 1 de decembro de 1942 e finado o 10 de maio de 2022,In Memoriam: Professor Jim Beckford foi un sociólogo da relixiónSwatos, William H.; Kivisto, Peter. Encyclopedia of Religion and Society, Rowman Altamira 1998, p. 44, ISBN 978-0-7619-8956-1. Retrieved 2010-06-20. británico.
Foi profesor emérito de socioloxía da Universidade de Warwick e membro da British Academy. No período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion,Beckford's page at the University of Warwick's Department of Sociology website e entre 1999 e 2003, foi presidente da International Society for the Sociology of ReligionBeckford, James A.; Demerath, Nicholas Jay. The SAGE Handbook of the Sociology of Religion, SAGE 2007, p. x, ISBN 978-1-4129-1195-5Swain, Harriet (1999-10-29). Glittering Prizes, Times Higher Education. Consultado o 2010-06-18.. Tamén foi autor de libros e artigos sobre os novos movementos relixiosos e a resposta da sociedade cara a eles.
Traxectoria Beckford ensinou nas universidades de Reading e Durham e na Universidade Loyola de Chicago. Fundou o grupo de estudo da British Sociological Association dedicado á socioloxía da relixión en 1975 e foi o seu presidente de 1978 a 1983. No curso 1982 e 1983 por medio do programa Fulbright ensinou na Universidade de California en Berkeley. Entre 1982 e 1986 foi presidente do comité de investigación dedicado á socioloxía da relixión da International Sociological Association e no período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion. En 1989 entrou na Universidade de Warwick. e entre 1999 e2003 foi presidente da International Society for the Sociology of Religion. como profesor visitante deu clases na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en 2001, e na Ecole Pratique des Hautes Etudes en 2004.
Beckford foi editor de Current Sociology (1980-1987), vicepresidente de publicacións da International Sociological Association (1994-1998) e membro do consello editorial do British Journal of Sociology desde 1998. É co-vicepresidente de INFORM (Information Network Focus on Religious Movements), fundado pola socióloga Eileen Barker co apoio das principais igrexas británicas para informar ao público sobre os novos movementos relixiosos .Beckford, James A. (2008-06-20). "Cults need vigilance, not alarmism", Church Times. Retrieved 2010-06-20.INFORM website, section "Who We Are". Retrieved 2010-06-20.
Investigación e publicacións A tese de doutoramento de Beckford,The Trumpet of Prophecy (1975), foi o primeiro estudo sociolóxico de importancia sobre as Testemuñas de Xehová, e aínda é unha importante obra de referencia sobre o grupo. Desde entón o foco principal do seu traballo académico foi sobre seitas e novos movementos relixiosos e as respostas que eles provocan na sociedade.Beckford's page at the Warwick Religions and Education Research Unit website Na base dos seus estudos empíricos sobre o movemento antiseitas en Gran Bretaña, Francia e Alemaña, Beckford constatou que as respostas aos novos movementos relixiosos revelaban tanto da sociedade como os estudos sobre eses movementos. En Cult Controversies: Societal Responses to New Religious Movements, salientou os diferentes xeitos en que os membros e ex-membros deses movementos se relacionaban con outros e coa sociedade, propoñendo que esas diferenzas poderían servir de base para un novo modelo para clasificar os movementos das novas relixións.
Beckford en Religion and Advanced Industrial Society (1989) chamou aos sociólogos da relixión a poñer fin ao seu illamento das outras disciplinas sociolóxicas e que os estudos relixiosos deberían volver á súa antiga posición de prominencia.
En relación ao islam, Beckford argumentou que rexeitar as necesidades dos musulmáns en prisión, como a falta de comida halal en moitas prisións francesas ou servizos relixiosos conduce a un amplo resentimento e ao aumento a radicalización entre a comunidade musulmá.Smith, Craig S. (2004-12-08). "Islam in Jail: Europe's Neglect Breeds Angry Radicals", The New York Times. Consultado o 2010-06-18.
Publicacións Religious Organization (1974) The Trumpet of Prophecy. A Sociological Analysis of Jehovah's Witnesses (1975) Cult Controversies. The Societal Response to New Religious Movements (1985) New Religious Movements and Rapid Social Change (1986, editor), editado por SAGE Publications e UNESCO, ISBN 0-8039-8591-6 Religion and Advanced Industrial Society (1989) The Changing Face of Religion (1989, co-editor) Religion in Prison. Equal Rites in a Multi-Faith Society (1998, con Sophie Gilliat) Secularization, Rationalism and Sectarianism (1999, editor) Social Theory and Religion (2003) Challenging Religion (2003, editor) Muslims in Prison: Challenge and Change in Britain and France (2005) Theorising Religion: Classical and Contemporary Debates (2006, editor)
Artigos "Why Britain doesn't go to church", BBC News'', 2004-02-17
Notas
Véxase tamén Outros artigos David G. Bromley
Ligazóns externas Sitio de Jim Beckford na Universidade de Warwick
Categoría:Sociólogos da relixión Categoría:Alumnos da Universidade de Reading Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados no Reino Unido