Mar adentro é un filme español biográfico-dramático de 2004 coescrito e dirixido por Alejandro Amenábar e protagonizado por Javier Bardem, Belén Rueda e Lola Dueñas. Rodado en Galicia, baséase na historia real de Ramón Sampedro, un escritor e ex-mariñeiro que quedou tetrapléxico logo dun accidente ocorrido durante a súa xuventude. Permanece prostrado nunha cama durante case 30 anos, situación pola que desexa morrer mediante a aplicación da eutanasia. O filme relata a loita de Sampedro para lograr que a lei recoñeza o seu dereito a morrer.Fallece la periodista Laura Palmés a los 57 años 24-06-2011, El Periódico de Catalunya
Resultou gañadora do Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, entre outros numerosos premios.
Personaxes
Javier Bardem como Ramón Sampedro Belén Rueda como Julia Lola Dueñas como Rosa Mabel Rivera como Manuela Celso Bugallo como José Sampedro Clara Segura como Gené Joan Dalmau como Joaquín Alberto Jiménez como Germán Tamar Novas como Javi Francesc Garrido como Marc José María Pou como Padre Francisco Alberto Amarilla como Hermano Andrés Andrea Occhipinti como Santiago Federico Pérez Rey como condutor Nicolás Fernández Luna como Cristian Raúl Lavisier como Samuel Xosé Manuel Olveira "Pico" como xuíz 1 César Cambeiro como xuíz 2 Xosé Manuel Esperante como xornalista 1 Yolanda Muíños como xornalista 2 Adolfo Obregón como executivo José Luis Rodríguez como presentador Julio Jordán como encuadernador Juan Manuel Vidal como amigo de Ramón
Produción O filme é unha produción de Sogecine e Himenóptero, en coprodución con UGC Images (Francia) e Eyescreen (Italia), coa colaboración de TVE, Canal+, TVG, Filmanova e o apoio de Eurimages/ICAA. A distribución internacional correu a cargo de Sogepaq.
O equipo é o mesmo que participou en The Others, coa incorporación de Jo Allen na maquillaxe, na cal investiron cinco horas diarias para o cambio físico de Javier Bardem. O filme rodouse durante doce semanas en Galicia, Cataluña e Madrid, cun orzamento de dez millóns de euros. A música foi composta por Amenábar, interpretada pola London Session Orchestra e contou coa colaboración do músico galego Carlos Núñez.
Galardóns
Oscars Ano Categoría Persoa Resultado2004Óscar ó mellor filme en lingua non inglesaGañador2004Mellor maquillaxeJo Allen e Ana Ruiz PuigcerberCandidatas
Globos de Ouro Ano Categoría Persoa Resultado2004Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesaGañador2004Globo de Ouro ao mellor actor - DramaJavier BardemCandidato
Independent Spirit Awards Ano Categoría Resultado 2004 Mellor película estranxeira Gañador
Critics Choice Awards Ano Categoría Resultado 2004 Mellor película estranxeira Gañador
Premios do cine europeo Categoría Persoa ResultadoMellor película europeaCandidataMellor directorAlejandro AmenábarGañadorMellor actorJavier BardemGañador
Goya 2004 Categoría Persoa ResultadoMellor películaGañadoraMellor directorAlejandro AmenábarGañadorMellor actorJavier BardemGañadorMellor actrizLola DueñasGañadoraMellor actor secundarioCelso BugalloGañadorMellor actriz secundariaMabel RiveraGañadoraMellor actor revelaciónTamar NovasGañadorMellor actriz revelaciónBelén RuedaGañadoraMellor guión orixinalAlejandro Amenábar e Mateo GilGañadoresMellor música orixinalAlejandro AmenábarGañadorMellor dirección artísticaBenjamín FernándezCandidatoMellor dirección de produciónEmiliano OteguiGañadorMellor fotografíaJavier AguirresarobeGañadorMellor maquillaxe e peiteadoJo Allen e Ana Ruiz PuigcerberGañadorasMellor sonRicardo Steinberg, Alfonso Raposo, Juan Ferro e María SteinbergGañadores
Festival de Venecia Categoría Persoa ResultadoLeón de Prata - Gran Premio do XuradoGañadoraCopa VolpiJavier BardemGañador
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos 2004 Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor directorAlejandro AmenábarCandidatoMellor actorJavier BardemGañadorMellor actor secundarioCelso BugalloCandidatoMellor actriz secundariaLola DueñasGañadoraMellor actriz secundariaMabel RiveraCandidataMellor guión orixinalAlejandro Amenábar e Mateo GilCandidatoMellor fotografíaJavier AguirresarobeGañadorMellor montaxeAlejandro AmenábarCandidatoMellor músicaAlejandro AmenábarCandidatoMellor interpretación revelaciónBelén RuedaGañadora
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar Dereito a morrer
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes sobre a eutanasia Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película