Dão–Lafões é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. A meirande parte dos concellos que a conforman pertencen ao Distrito de Viseu, mais tamén inclúe un concello do Distrito da Guarda. Limita ao norte coas subrexións de Támega e Douro, ao leste coas de Beira Interior Norte e Serra da Estrela, ao sur coas de Pinhal Interior Norte e Baixo Mondego, e ao oeste coas de Baixo Vouga e Entre Douro e Vouga. A súa principal cidade é Viseu, que conta cunha poboación de 68.000 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do centro de Portugal tras Coímbra. Ten unha superficie de 3.483 km² e unha poboación de 277.216 habitantes (2011).

Concellos Comprende 14 concellos:

Aguiar da Beira Carregal do Sal Castro Daire Mangualde (Cidade) Nelas Oliveira de Frades Penalva do Castelo Santa Comba Dão (Cidade) São Pedro do Sul(Cidade) Sátão Tondela (Cidade) Vila Nova de Paiva Viseu (Cidade capital de distrito) Vouzela

Notas

Categoría:NUTS III portuguesas