Na electrónica, denomínase reactancia a oposición ofrecida por indutores (bobinas) e condensadores ao paso da corrente alterna, medíndose o seu valor en ohmios. Canda a resistencia eléctrica determinan a magnitude da impedancia total dun compoñente ou circuíto, de tal xeito que a reactancia (X) é a parte imaxinaria da impedancia (Z) e a resistencia (R) é a parte real, segundo a igualdade:
Tipos de reactancias Cando circula corrente alterna por algún destes dous elementos que posúen reactancia, a enerxía é alternativamente almacenada e liberada en forma de campo magnético, no caso das bobinas, ou de campo eléctrico, no caso dos condensadores. Isto produce un adianto ou atraso entre a onda de corrente e a onda de tensión. Este desfase fai diminuír a potencia entregada a unha carga resistiva conectada logo da reactancia sen consumir enerxía.
Se se realiza unha representación vectorial da reactancia indutiva e da capacitiva, os vectores que a constitúen deberíanse debuxar en sentido oposto e sobre o eixo imaxinario, xa que as impedancias calcúlanse como e respectivamente.
Non obstante, as bobinas e condensadores na realidade presentan unha resistencia asociada, que no caso das bobinas considérase en serie co elemento, e no caso dos condensadores en paralelo. Neses casos, e como xa se indicou arriba, a impedancia (Z) total é a suma vectorial da resistencia (R) e a reactancia (X).
É dicir, en fórmulas:
onde j é a unidade imaxinaria é a reactancia en Ohm.
W é a frecuencia angular á cal está sometido o elemento, e L e C os valores de indutancia e capacitancia respectivamente.
Dependendo do valor da enerxía e a reactancia dise que o circuíto presenta:
Se , reactancia indutiva Se , non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva Se , reactancia capacitiva
Reactancia capacitiva A reactancia capacitiva represéntase por e o seu valor vén dado pola fórmula:
na que:
= Reactancia capacitiva en ohms = Capacitancia en farads = Frecuencia en hertzs = Frecuencia angular
Reactancia indutiva A reactancia indutiva represéntase por e o seu valor vén dado por:
na que:
= Reactancia indutiva en ohms = Indutancia en henrys = Frecuencia en hertzs = Frecuencia angular
Véxase tamén Outros artigos Condutancia Admitancia Susceptancia
Ligazóns externas Tutorial interactivo en Java sobre a reactancia indutiva National High Magnetic Field Laboratory.
Categoría:Magnitudes físicas Categoría:Electrónica
he:עכבה חשמלית#היגב