En morfoloxía, desinencia é un afixo que se coloca a continuación dunha raíz (e, ás veces, dun elemento temático), para constituír unha forma flexionada. Hai dous tipos de desinencias:
desinencias casuais Van no final dun substantivo, dun pronome ou dun adxectivo. Por exemplo, en latín, a forma dominus (en caso nominativo) está constituída da raíz domin-, da vogal temática -u (realmente o) e da desinencia casual de nominativo -s.
desinencias persoais Van no final dun verbo. Por exemplo, en galego, a forma cantemos está formada da raíz cant-, da vogal modal -e- e da desinencia persoal -mos.
Véxase tamén
Outros artigos
Conxugación Declinación
Categoría:Morfosintaxe